Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se hai algún dispositivo do coche que require un especial coidado na súa compra e conservación, este é a batería. Non en van o 42,5% dos servizos de asistencia realizados en estrada no 2004 se relacionaron con problemas de batería, mentres que o 13,92% das avarías estaban relacionadas co motor, segundo o RACC. O principal problema é que o mercado das baterías é extenso e moi variado, e pódense atopar ata vinte marcas distintas, cada unha cun prezo e cunha calidade. Cal elixir? A maior prezo, maior calidade? Os expertos en motor aconsellan, independentemente do modelo que se elixa, optar por baterías que ofrezan un mínimo de dous anos de garantía, ter en conta as que teñan unha reserva de arranque superior a 300 amperios e unha boa protección que impida as fugas de ácido (substancia que contén no seu interior), evitando así a corrosión do motor. A mellor opción de compra é a que axunta todas estas características: baterías de gama media -nin as máis baratas, nin as máis caras- con amperaxe semellante á recomendada polo fabricante ou algo maior se o vehículo conta con moitos dispositivos electrónicos adicionais. Aínda que a partir dos 40 euros se poden adquirir baterías de certa calidade, as máis competas roldan os 50-55 euros ou máis. E convén comparar prezos: nos talleres oficiais son máis caras ca nos tradicionais ou en tendas especializadas. No tocante á súa vida útil, o habitual é que cheguen ós 4-5 anos ou mesmo máis se se presta atención ó seu mantemento.
A diversidade de modelos deste dispositivo, que ten como misión proporcionar a potencia necesaria para acender o motor de arrinque e protexer ó mesmo tempo o sistema eléctrico, é enorme.
Clasificación segundo o mantemento:
Algúns especialistas recomendan mercar as baterías baleiras e posteriormente enchelas co líquido, pois unha batería pode permanecer na tenda ou nun taller un período longo antes de ser vendida e existe o perigo de fuga do líquido (o ácido) ou pode tamén perder calidade. Estas baterías recoñécense porque teñen líquido reseco na parte de abaixo, co que a súa vida útil pode ser inferior. Outra pista para detectarmos fugas é que o andel no que permaneceu presente manchas do ácido reseco.
Clasificación segundo a amperaxe:
Os fabricantes indican a amperaxe que cada vehículo require e proporcionan este dato mediante a unidade amperio hora (Ah). Segundo os expertos, non se debe adquirir unha batería cunha amperaxe inferior á indicada pola marca do coche, pero si pode ser superior en función do número de elementos eléctricos que haxa que acender. Tamén hai outros casos nos que a amperaxe recomendada polos talleres é algo superior, como no caso de vehículos vellos ou con motores castigados.
Estas indicacións do fabricante aparecen na batería orixinal do coche e no manual do usuario do vehículo:
Elementos daniños para as baterías:
Os especialistas en motor aseguran que unha batería ben coidada e utilizada correctamente garante e alonga o seu bo funcionamento. Para iso cómpre ter en conta que é o que pode afectar á boa saúde dunha batería:
Como coidar unha batería:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI