Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

O valor emocional dos alimentos: Tregua no Nadal para as dietas

Saltarse moderadamente o réxime nas datas festivas, lonxe de ser nocivo, pode mesmo ser conveniente desde un punto de vista emocional

  Preguntouse algunha vez por que algunhas persoas parece que non teñen forza de vontade para seguir unha dieta durante un período abondo como para notar os seus efectos? Ou por que as tentacións se senten de xeito especial con algúns alimentos mentres que outros parecen non existir? Ou cales poden ser as razóns que levan a que unha persoa inxira máis alimentos dos que precisa, aínda sabendo que este comportamento acabará, antes ou despois, nuns quilos de máis que lle fan mal á súa saúde?

Circunstancias sociais, persoais, psicolóxicas e emocionais motivan que a moitas persoas non lles resulte doado seguir unha dieta, sobre todo en días sinalados como o Nadal, as vacacións do verán, un aniversario, unha comida familiar, etc., dado o aspecto sentimental que acompaña a celebración deses días. A estas situacións únese o feito de que moita xente se complica seguir unha dieta por se propoñer obxectivos a moi curto prazo ou metas inalcanzables, como pode exemplo perder un número determinado de quilos en poucos meses ante a chegada do verán -a temida "operación biquini"-, pórse a dieta no Nadal crendo que é a solución para non caer na tentación de comer turrón, ou chegar a obsesionarse cos alimentos e as súas calorías ante a posibilidade de engordar 2 ou 3 quilos nestas datas.

Fuxir do "todo ou nada"

A renuncia absoluta a algo porque non podemos acadar todo o que degoramos, o que psicoloxía se denomina mecanismo de "todo ou nada", explica a frustración e o desánimo de non poucas persoas, que ven máis obstáculos ca facilidades para acadaren o seu obxectivo: perder peso ou manterse nun peso saudable.

  Esta actitude xorde máis a miúdo en épocas concretas, como os meses previos ó verán ou ó Nadal, nas que agardamos con ansia ver os resultados da dieta. Cómpre entendermos que cada persoa ten as súas limitacións e que se debe gozar co que fomos quen de acadar ata ese momento. Por exemplo: "comín entremeses e turrón, hoxe salto a dieta e mañá póñome en orde". Non nos sentiremos mellor así, gozando dun pequeno extra, coa tranquilidade de que se nos moderamos o resto do día, noutras celebracións tamén nos poderemos conceder un capricho?

Algo máis ca forza de vontade

Unha dieta non é algo tan simple como axustarse ás calorías que unha persoa precisa para perder peso. para que unha dieta dea bos resultados, quen a segue debe ser consciente de que no xeito de se alimentar e no seu peso inflúen moitos aspectos, como a xenética, a súa cultura, os seus costumes, a súa familia, a súa situación económica, a moda dos alimentos, os horarios e o ritmo de traballo... A xenética, por exemplo, determina a corpulencia de cada individuo, é dicir, o seu tamaño e o seu metabolismo basal, e, polo tanto, as súas necesidades mínimas de enerxía. Da cultura á que se pertence apréndese entre outras cousas a desexar máis certos alimentos e a concederlle máis ou menos importancia á estética ou á saúde. E a familia tamén deixa a súa pegada no xeito en que nos comportamos coa comida: no xeito de cociñarmos, na elección de determinados alimentos, nos coñecementos máis ou menos atinados sobre os alimentos e as súas propiedades...

Ademais, o comportamento dos máis achegados inflúe, e moito, para que quen segue unha dieta habitual se sinta cómodo, seguro de si mesmo, a gusto coa súa aparencia física. Os hábitos alimentarios das persoas coas que convive poden converter a decisión de coidar a súa alimentación en algo moi doado ou moi complicado. Por exemplo, non axuda a cumprir a dieta ver a parella de un comer cunha pizza mentres que o que debe controlar a dieta prepara unha ensalada e unha tortilla, nin ofrecerlle a miúdo alimentos calóricos a alguén que sabemos que ten dificultades para reprimir a tentación.

O valor simbólico dos alimentos

A todo isto engádese o valor simbólico que teñen os alimentos. Quen seguira algunha dieta polo motivo que sexa (adelgazar, engordar ou controlar a tensión, o colesterol, a diabete....), seguro que sentiu nalgún momento a tentación de comer xustamente os que menos lle conveñen. Para comprendermos por que cando nos pomos a dieta nos tentan de xeito particular certos alimentos, temos que entender que tamén as cousas do comer van cargadas de valor simbólico e emocional, que están compostas de algo máis ca de nutrientes (hidratos de carbono, proteínas, vitaminas...). Tendemos a asociar certos alimentos a emocións, a determinadas persoas ou situacións da nosa vida, a bos ou malos recordos, etc. E moitas destas asociacións son necesarias para a nosa estabilidade emocional.

Os expertos en psicoloxía xa advirten sobre que facer fronte a alimentos cargados dun gran valor simbólico e emocional cando se está a dieta en circunstancias concretas, como pode ser o Nadal. E o consello de moitos deles é que non debemos prescindir destes alimentos. Simplemente, debemos ser conscientes de que os precisamos de vez en cando para sentírmonos ben, e que non deben xerar ningún tipo de trauma e inseguridade. E os días do Nadal ben poden ser un destes momentos. Gozar o máis posible o alimento e saborealo ocasionalmente e en pequena dose é a mellor terapia para sentirse mellor de ánimo e para continuar con éxito a dieta. É o xeito de que as necesidades psicolóxicas que se agachan detrás do valor dese alimento (sentirse querido, acompañado, elixido, etc.) queden satisfeitas.

O mantemento dun peso correcto ou o tratamento dunha doenza a través da dieta máis axeitada esixe que deamos planificado a alimentación no tempo, máis alá dos días inmediatos, aínda que, por suposto, sen renunciarmos para sempre ao pracer que nos proporcionan determinados alimentos tomados en medida e en momentos concretos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto