Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cidades e excluídos sociais: Faltan recursos para as persoas sen fogar

Hai máis axudas para o aloxamento, manutención e hixiene que para a reinserción laboral ou social dos máis pobres

Quen coide que a pobreza de solemnidade é cousa doutras latitudes, trabúcase. A UE define como familias ou persoas pobres as que sobreviven con menos do 60% da renda media per cápita do seu país. En España esta situación afecta a case o 20% dos fogares (8,5 millóns de persoas). Pero tamén dentro da pobreza hai clases ou "intensidades". Segundo Cáritas, máis de medio millón de persoas viven sumidas na "pobreza extrema". dispoñen do 155 ou menos da "renda media básica", salario mínimo de subsistencia que as institucións lle conceden a quen non lles pode facer fronte ás súas necesidades básicas. Aínda peor é a situación de preto de 30.000 persoas, segundo Cáritas, que malviven entre a rúa e os centros de asistencia de cada concello.

Estímase que máis da metade das prestacións básicas dos servizos sociais están financiadas polos concellos, que lles dedican entre un 6% e un 10% dos seus orzamentos anuais. A lei 7/85 establece a obriga dos concellos de máis de 20.000 habitantes de conceder estas prestacións sociais.

  En España estas políticas sociais non están enfocadas cara á prevención e inserción social, senón ó asistencial, a través de actuacións dirixidas a colectivos concretos. Ademais, a escaseza de recursos económicos destinados a paliaren as consecuencias da pobreza impide a continuidade necesaria en boa parte das actuacións. Proba disto é que en España o gasto en protección social representaba no 2003 o 20% do PIB, un dos máis baixos de Europa (en Suecia, Francia, Alemaña e Dinamarca acada o 30%). E isto, aínda que en pobreza superamos a media europea.

Aínda que hai colectivos (vellos, mulleres, desempregados, familias...) con graves necesidades, esta revista pousou a súa ollada nas prestacións e servizos facilitados polos concellos ás persoas socialmente excluídas (pobres, transeúntes e marxinados sen fogar, inmigrantes, etc.), unha minoría que recibe escasamente o 1% do total do gasto en prestacións sociais. CONSUMER EROSKI estudou as actuacións e iniciativas de política social en 16 cidades: A Coruña, Barcelona, Bilbao, Burgos, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza.

Chama a atención a gran diversidade e heteroxeneidade dos servizos sociais ofrecidos polos concellos, o que dificulta a comparación e proporciona algúns datos sorprendentes. O tamaño e número de habitantes dunha cidade, por exemplo, semella non ser determinante para explicar as diferenzas nas prestacións entre unhas cidades e outras. Nos albergues concertados de Valencia, por exemplo, hai preto do dobre de camas dispoñibles ca en Madrid e Barcelona. En Córdoba hai só cinco prazas máis ca en Burgos, aínda que esta cidade practicamente dobra a segunda en habitantes. Os orzamentos dedicados a Asuntos Sociais tamén deparan diferenzas. En Vitoria, o Departamento de Intervención Social xestionou o ano pasado 34 millóns de euros, moi lonxe dos 9 millóns de Benestar Social de Málaga, unha cidade co dobre de poboación. E en Barcelona o orzamento da Dirección de Servizos de Benestar Social ascendía en 2004 a pouco máis de 21 millóns de euros, moi por baixo dos 29 millóns da Área de Acción Social do concello de Bilbao, con case cinco veces menos poboación. Así e todo, cómpre dicir que en Barcelona o Plan Municipal para a Inclusión Social en 2005 conta cunha dotación de case 56 millóns de euros.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto