Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Sistemas de retención infantil: A súa utilización e bo uso, materia pendente

Un neno que viaxa sen ningunha suxeición multiplica por 5 as posibilidades de sufrir lesións mortais

 Cada dous días falece en España un neno menor de 14 anos, cada seis horas un resulta gravemente ferido, e cada hora e media outro sofre feridas leves en accidentes de circulación, segundo un informe da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). En total, ó redor de 180 nenos falecen ó ano nas nosas estradas e máis de 7.000 menores resultan feridos. Non en van, os accidentes de tráfico son, segundo datos publicados por UNICEF, a maior causa de mortalidade infantil nos países desenvolvidos. Pero o peor de todo é que o 75% destas mortes poderíase evitar empregando o sistema de retención infantil axeitado. Segundo as últimas enquisas realizadas pola DXT, a metade dos menores de un ano viaxa incorrectamente suxeito, a maioría dos menores de 4 anos non leva ningún sistema de retención infantil (SRI), e entre os de 4 e 6 anos só o 11% usa o coxín elevador axeitado. Ademais, dos nenos entre 7 e 9 anos, só o 20% viaxa suxeito e faino co cinto, no canto de ir asegurado co sistema adaptado á súa idade e estatura.

Os nenos, vítimas da neglixencia dos grandes

Un dos problemas máis frecuentes nas cadeiras de seguridade infantil é a súa instalación errónea no vehículo. Cada cadeira dispón dun sistema propio de instalación, e canto máis complicado é, máis posibilidades de erro ou omisión de pasos hai. Esquecer un paso ou non o seguir polo miúdo pode minguar ou inutilizar as capacidades de protección da cadeira, ata tal punto que a mala utilización dos SRI ocasionou nos accidentes acontecidos durante o 2003 un 2,6% de mortalidade e un 9,2% de lesións de carácter grave entre as vítimas infantís, segundo a DXT.

Así e todo, o maior problema é a non utilización dun sistema de retención axeitado. Un estudo realizado no 2003 pola Dirección Xeral de Tráfico, pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil e polo Real Automóvil Club de España desvela que a utilización de Sistemas de Retención Infantil en España é dos máis baixos de Europa, arredor do 37%. Segundo este informe, o 56% dos nenos vítimas de accidentes ese ano viaxaban sen SRI, ceibos e libres polo vehículo.

Obviamente, os Sistemas de Retención Infantil non son un salvoconduto para a integridade física dos nenos, pero mentres que o uso axeitado de asentos de retención sitúa no 0,6% os casos de mortalidade e no 6,8% os casos de lesión grave en caso de accidente, a non utilización aumenta a porcentaxe ata o 3,15 e o 16,9%, respectivamente.

A ancoraxe Isofix

  A ancoraxe tipo Isofix, homologada en febreiro do 2004, é un sistema de suxeición estandarizado internacionalmente para asentos de retención infantil en vehículos. Consta duns puntos de suxeición ríxidos que van aparafusados ou soldados á carrozaría do vehículo, entre o respaldo e o asento, e dos correspondentes enganches no asento infantil, dúas ancoraxes ríxidas que se pechan sobre as variñas do automóbil, ofrecendo así unha unión firme coa carrozaría, excluíndo case por completo que envorque ou oscile o asento. En caso de colisión, o cativo conta cunha maior seguridade por mor da firme suxeición. Ademais, a súa doada montaxe minimiza a probabilidade de cometer erros durante a instalación do asento no vehículo. Estas vantaxes fronte ó uso do cinto de seguridade, sistema tradicional de suxeición dos SRI, foron avaladas por distintos estudos realizados polos clubs automobilísticos europeos, entre os que se atopa o Real Automóvil Club de España (RACE).

Así e todo, ó contrario do que acontece cos asentos do tipo universal, que se poden instalar en calquera vehículo, os asentos Isofix deben ser homologados para cada modelo de vehículo, e case dez anos despois do seu lanzamento só algunhas marcas os inclúen, debido á falta de acordo entre os fabricantes de coches -non estarán obrigados por lei a incluílos ata febreiro do 2006- e os dos SRI.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto