Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Reprodutores MP3 de memoria 'flash': Moi diferentes en prezo e prestacións

A cantidade de memoria, a facilidade de uso e as funcións engadidas, claves para unha boa elección

 Analizáronse nove reprodutores MP3 de memoria 'flash' que custan desde os 85 euros de Acer Advanced (ten 512 Mb de capacidade, que equivalen a outros tantos minutos de música, unhas 8 horas) ata os 21 euros de Ipod Nano (con 2 Gb de capacidade, unhas 32 horas). Paradoxalmente, Mpio FG100, un dos reprodutores máis caros (157 euros) é o de menos capacidade: apenas caben no seu interior (256 Mb) unhas catro horas de música en MP3. A mellor relación calidade-prezo é Creative Zen Nanoplus (113 euros, 512 Mb), un dos mellor valorados na proba de uso. Outra opción boa é Sony NW-E105 (104 euros, 512 Mb), peor valorado polos usuarios, pero cunha batería que dura moito máis cá dos outros reprodutores. Quen prefira un reprodutor que amais de MP3 lea o formato libre Ogg deberase decantar por Samsung YP-ST5X, o único dos estudados que entende cancións neste formato libre.

Os reprodutores de música en MP3 de memoria 'flash' son aparellos pequenos e lixeiros que suplen os predecesores walkman e discman. A música pásase desde un ordenador a estes dispositivos en formato MP3, polo que cómpre contar cun PC para cambiar a música do seu interior. As cancións en MP3 pódense "baixar" de Internet (ben sexa pagando nunha tenda, como Itunes, directamente da páxina web de artistas que as ofrecen gratuitamente, ou ben utilizando un sistema de intercambio de arquivos) ou fabricalas un mesmo, pasando os CD de audio a este sistema.

O feito de que a memoria interna destes reprodutores sexa 'flash', e non un disco duro, ten o inconveniente de que a súa capacidade é máis limitada: o de maior capacidade dos estudados, Ipod Nano, conta con só 2 Gb, cando os de disco duro teñen varias decenas de 'xigas'. A cambio, os 'flash' son máis manexables e, ó non teren partes móbiles, as sacudidas que poidan sufrir debido ó movemento do usuario non afectan á reprodución nin estragan o equipo, polo que son idóneos para seren utilizados mentres se fai deporte.

Aturan as caídas?

Como os reprodutores de MP3 sofren caídas a miúdo, comprobouse a súa resistencia. Para iso, introducíronse nun barril de virar durante 25 voltas, o que equivale a 50 golpes como os que poden sufrir nun uso cotián. Ó remate da proba, Acer presentou graves danos que causaron que deixase de funcionar, e o Ipod Nano, se ben seguía funcionando, sufriu na pantalla unha chea de rabuñadas, aínda que pequenas e pouco profundas. O resto non amosou estrago ningún.

Comprobouse, doutra banda, a durabilidade dos auriculares, someténdoos a unha tracción de 10 Newtons durante un minuto e mais a 1.000 flexións de 90º cunha tracción de 2,5 Newtons. Ningún deixou de traballar. Os cables de auriculares máis longos son os de Acer, Creative e Sony, e os máis curtos son os de Samsung e Blu-Sens. Ipod Shuffle inclúe un segundo xogo de cascos.

Un reprodutor que se adoita levar no peto agradécese que sexa lixeiro e pequeno. O menor dos estudados é Ipod Shuffle, seguido de Blu-Sens (un 31% máis grande) mentres que os meirandes son Mpio e Oregon (catro veces maiores ca Shuffle). No tocante ó peso, todos son lixeiros, pero hai diferenzas: Ipod Shuffle é tamén o menos pesado (22 gramos) e Mpio o de maior peso (63 gramos). Os dous Ipod son máis planos có resto, polo que resultan máis bos de gardar e de transportar.

Funcións engadidas

Sony, Acer e os dous Ipod carecen de radio, aínda que os auriculares que inclúe Acer si incorporan esta función. Os oito permiten clasificar os datos en carpetas (unha prestación moi importante para poder escoitar os discos de un en un), e é posible utilizalos como medio de almacenamento para pasar arquivos dun PC a outro, como antigamente se facía cos disquetes. Ningún permite ampliar a memoria. Sony, Ipod Shuffle e Oregon non gravan voz e o Ipod Nano ofrece esta opción usando un micrófono opcional non incluído. Ipod Nano é o de maior número de funcións (calendario, alarma, xogos...). O de Samsung dispón de temporizador e o Oregon pódese utilizar baixo a auga.

Para medir a duración das baterías reproduciuse a mesma canción ó máximo volume ata que se apagaron os equipos. Sony, con case 50 horas, aguantou o dobre có segundo máis duradeiro (MPIO, 25 horas) e oito veces máis có que menos (Blu-Sens, só 6 horas). Outros reprodutores cunha duración escasa foron Oregon (9 horas) e Acer (10 horas).

Para cargar a batería dos dous Ipod e de Oregon requírese un ordenador, o que dificulta esta operación cando non se ten acceso a un equipo informático. En Blu-Sens a batería pódese cargar cun enchufe convencional; os máis, os outros cinco reprodutores, funcionan a pilas.

Sony e os dous modelos de Ipod obrigan a empregar un programa específico para pasar as cancións do ordenador ó reprodutor, o que representa unha molestia para o usuario, que pode querer utilizar o mesmo sistema para transferir arquivos ó que está afeito (por, exemplo, o Explorador de Windows). Ningún dos dous Ipod se pode utilizar desde Linux nin desde un Windows anterior ó 2000 (o actual XP, si) e o reprodutor analizado de Sony non funciona sobre Linux nin sobre Mac OS. Nos outros sete, aínda que incorporan programa propio, o seu uso é opcional, polo que son compatibles con calquera sistema operativo que acepte USB: Windows, Mac OS ou Linux. Agora ben, estes programas con funcións engadidas son só para Windows, salvo o caso dos dous Ipod, que funcionan tamén en Mac OS. Ningún equipo ten en conta os usuarios de Linux.

No tocante á conexión, os nove reprodutores estudados conéctanse ó PC mediante o porto USB para transferir cancións. Acer é o único que non soporta o estándar USB 2.0, polo que é moito máis lento na transferencia. Ipod Nano admite a conexión FireWire, estándar non tan estendido coma o USB, pero máis rápido.

Segundo os consumidores

Seis usuarios habituais probaron e cualificaron distintos aspectos destes reprodutores do 1 ó 10. Os que máis gustaron foron Samsung (7,6 puntos), seguido de Ipod Nano e Blu-Sens (ambos os dous, 7,3 puntos) e Creative (7,2 puntos). O peor reprodutor MP3 segundo os usuarios é Ipod Shuffle (5,8 puntos), sobre todo pola ausencia de pantalla, que dificulta seleccionar as cancións. Os elementos máis penalizados polos usuarios foron a ausencia de ecualizador e de pantalla (Ipod Shuffle), a carencia de radio (os dous Ipod e o Sony). Segundo o usuario, o deseño máis atraente é o do Ipod Nano e o máis difícil de usar o Acer.

Os usuarios valoraron subxectivamente a calidade do son. Para iso, escoitaron unha mesma canción con dous auriculares: os que incluía cada equipo e outros de gama alta. A conclusión principal é que a diferenza de calidade non se percibiu cando se usaron os mesmos auriculares, polo que a calidade do son non dependía do reprodutor, senón dos auriculares que inclúe, entre os que si houbo diferenzas significativas. Os auriculares peor valorados foron os de Oregon (6,3 puntos), seguidos de Ipod Shuffle e Mpio (6,8 puntos). Os mellores foron os de Ipod Nano (8,2 puntos), pero os máis cómodos son os de Ipod Shuffle.

As mellores pantallas

Ipod Shuffle é o único sen pantalla, xa que, segundo o fabricante, está deseñado para que as cancións se reprodución aleatoriamente. Os outros oito equipos, que si teñen pantalla e, polo tanto, son máis sinxelos de manexar, tamén ofrecen esta función aleatoria. As oito pantallas son do tipo LCD. Un dos equipos máis pequenos, Ipod Nano, é o que conta coa pantalla máis grande (746 mm2, máis do dobre có resto), amais da única a cor e con posibilidade de amosar imaxes, pero comprobouse que se raia con facilidade. As máis pequenas son as de Sony (141 mm2) e Oregon (168 mm2).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto