Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor adquiriu unha caldeira, pero o subministrador que a instalou non procurou a entrada de aire para a combustión e evacuación. En revisións posteriores fíxose constar que a caldeira estaba instalada sen entrada de aire, pero o instalador non corrixiu o defecto e a caldeira comezou a presentar problemas de funcionamento deica incendiarse. O consumidor demandou ó subministrador-instalador reclamando perdas e danos. A Audiencia Provincial de Baleares, en sentencia do 28 de decembro do 2004, deulle a razón ó demandante e sentenciou que o subministrador realizou unha indebida instalación e que houbo neglixencia profesional por aproveitar a instalación previa, sen comprobar a seguridade da instalación, e non prever a ventilación adecuada ó tipo de caldeira que se ía instalar, escollida e aconsellada erroneamente ó usuario, e que resultou inadecuada. O tribunal estimou que, se se actuara dilixentemente cumprindo a esixencia das Normas de Industria, non se produciría o incendio nin a caldeira quedaría inservible. Por iso, condenou o subministrador a indemnizar o demandante polos danos causados e a pagar as custas do xuízo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI