Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Non podo aparcar na miña praza de garaxe debido a que un veciño invade a vía común e impídeme realizar a manobra. O devandito veciño ten un coche de 5,25 m nunha praza de lonxitude de 4,50 m. Querería saber como podo actuar neste caso, que afecta tamén a outros tres propietarios.
Cando a comunidade de propietarios procedeu a marcar cada unha das prazas no chan do garaxe, fíxoo tendo en conta o disposto no título de propiedade de cada propietario. Trátase de esixirlles ós veciños o cumprimento dunha obriga, a de que se dispoña da praza de garaxe conforme ó seu destino, aparcando o vehículo de xeito que non rebase a liña que delimita a súa zona de estacionamento e, polo tanto, que se absteña de invadir a vía de tránsito e zona de manobra, obriga que deriva do disposto nos artigos 394 do Código Civil e 9 da Lei de Propiedade Horizontal, onde se establece a favor de cada comuneiro o dereito a utilizar as cousas comúns na súa integridade, pero tamén se contempla unha serie de límites: respectar o destino da cousa, o dereito dos demais comuneiros e non prexudicar o interese da comunidade.
Na carta indícase que o administrador lle notificou ó veciño os prexuízos que lles causa polo menos a catro dos propietarios de prazas de garaxe. Estes poden intentar unha solución amigable na próxima Xunta de Propietarios. Se non é así e a comunidade de propietarios está disposta a ir a xuízo, débeselle conceder en Xunta autorización ó presidente para iso (o administrador debe preparar a convocatoria e a orde do día debidamente para a adopción deses acordos). O afectado tamén pode acudir ós tribunais a instancia súa ou xunto cos outros prexudicados. No xuízo cumprirá acreditar a invasión de elementos comúns e os prexuízos ocasionados. Amais de que conste no Libro de Actas, pode ser do seu interese que un notario levante acta da situación.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI