Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A academia para as oposicións non cumpre as expectativas

Apunteime nun centro para preparar oposicións. Asinei un contrato e ía pagando os recibos mensuais a mes vencido. O feito é que ó cabo duns meses vin que o curso non era o que me venderan. Envieilles unha carta dicindo que me daba de baixa e eles responderon que non a aceptaban. Agora estanme perseguindo alegando que eles en todo momento cumpriron co contratado. Xa tramitei unha queixa ante a oficina do consumidor. Que podo facer?

  O contrato de ensinanza cunha academia ou centro privado é un contrato de arrendamento de servizos e entre as súas condicións intégrase o publicitado e os documentos informativos previos á contratación. Pódese resolver por vontade de calquera das partes (Sentencia do Tribunal Supremo 25-03-98). Así e todo, o exercicio deste dereito require de "xusta causa", como sería o caso dun incumprimento da outra parte. Os tribunais estimaron demandas de consumidores e usuarios afectados por publicidade enganosa, nos que as prácticas non se ofrecen malia a seren esenciais, o material didáctico é defectuoso ou insuficiente, etc. De se daren incumprimentos deste tipo, con incidencia negativa na ensinanza do alumno, pode interesar ir a xuízo para solicitar a devolución, total ou parcial, do aboado.

No caso que se presenta, a afectada tramitou unha queixa fronte á academia, de xeito que, se a oficina do consumidor a considera xustificada, se pode abrir un proceso que lle pode supor unha sanción á academia. Nesta tesitura, a academia podería estar intentando deixar constancia de que non houbo incumprimento ningún pola súa banda. Coidamos que tamén actúa así en previsión de que a alumna inicie accións xudiciais para reclamar as perdas e danos causados polo incumprimento do centro de oposicións (prezo pagado, dano moral, perda de tempo, etc.).

Calquera das dúas partes podería acudir a xuízo civil por incumprimento de contrato, pero como a intención da alumna non é continuar coa reclamación, deberíase pór en contacto telefónico co responsable do centro de oposicións para aclarar este punto e procurar liquidar o asunto. Se o logra, convén asinar un documento polo que se acepta a baixa constando que ningunha das dúas partes ten nada que reclamar, pero antes de asinar a afectada débese asesorar na OMIC ou cun avogado. Se continúa o enfrontamento, a afectada debe conservar toda a documentación que lle proporcionou a academia, os datos doutros alumnos, por se lle cumprisen testemuñas, e mais as reclamacións realizadas. Para quedar máis tranquila, pode consultar cun avogado.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto