Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Catro de cada dez nenos e mais a metade dos adolescentes sofren a dor de costas, o que reduce a súa actividade cotiá e a súa calidade de vida
O curso escolar xa comezou e, con el, tamén o risco de que os estudantes padezan dores de costas, debido, entre outros factores, ó transporte dun peso excesivo en carteiras e mochilas, a posturas incorrectas ou ó sedentarismo. Na actualidade, case o 42% dos nenos menores de 11 anos sofre dores de costas. Esta cifra increméntase, ata o 51% nos nenos e ata o 69% nas nenas, entre os 13 e 15 anos. Mochilas menos pesadas, deportes e exercicios que fortalezan a musculatura das costas e unha postura correcta cando estean sentados son algúns dos hábitos que hai que fomentar para manter sas as costas dos máis cativos.
A pantalla debe estar a uns 45 centímetros de distancia, fronte ós ollos, e á súa altura ou lixeiramente por baixo.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI