Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Xestión de refugallos urbanos: O lixo: pouca información e xestión diferente segundo a cidade

Uns concellos ignoran ou prefiren non comunicar a proporción de refugallos que reciclan, outros non cobran polo servizo, e os equipamentos entre uns e outros difiren moito

  A recollida e o posterior tratamento do lixo doméstico, tecnicamente denominado residuos sólidos urbanos (RSU) preocúpalles ás autoridades locais e ós cidadáns. Calcúlase que preto de un euro de cada cinco que xestionan os nosos concellos se destina a esa función que, segundo todos os indicios, seguirá requirindo un investimento cada vez maior: se en 1995 cada español produciu unha media de 378 quilos de refugallos ó ano (pouco máis de un quilo diario), no 2003 a cifra alcanzou os 502 quilos anuais por habitante (1,4 quilos de refugallos ó día por persoa), case un 33% máis, de xeito que nos achegamos ós niveis europeos (1,5 quilos diarios por habitante).

Para paliar esta situación creouse unha armazón legal esixente. E aínda que a lista de normas elaboradas polas distintas administracións (europea, estatal, autonómica e municipal) en materia de residuos é ampla, cómpre destacar a Lei 11/97 de envases e residuos de envases, a Lei 10/98 de residuos e mais o Plan nacional de residuos urbanos (PNRU), aplicable entre os anos 2000 e 2006. Segundo o Plan, para finais do 2006 haberá que compostar (descomposición bioquímica en quente de residuos orgánicos) a metade da materia orgánica e reciclar o 75% do papel, do cartón e do vidro, entre outros obxectivos.

CONSUMER EROSKI estudou os sistemas de recollida e xestión dos residuos urbanos en 17 cidades: Alacante, A Coruña, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Logroño, Madrid, Málaga, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Aínda que Murcia tamén figuraba na lista, a actitude da empresa concesionaria do servizo e do propio Concello (negáronse a facilitar os datos requiridos) fixo imposible que Murcia figure no estudo.

A un ano vista do final da aplicación do Plan nacional sobre residuos urbanos, a situación está lonxe de ser óptima. Cada vez xeramos máis residuos: a media das 17 cidades é de case 1,3 quilos de lixo ó día por habitante, aínda que en Barcelona chegan ata os 1,52 quilos e en Valladolid quedan en 1,03 quilos. As diferenzas danse tamén nas infraestruturas para a recollida selectiva de residuos. Pamplona e Córdoba destacan pola súa ampla dotación de colectores (moi por riba dos mínimos esixidos polo Plan nacional para finais do 2006), mentres que Barcelona, Zaragoza e Madrid son as peor equipadas e teñen moito que mellorar.

Chama tamén a atención que os concellos da metade das cidades afirmen non dispor de datos abondos sobre a cantidade de refugallos que reciclan, polo que o cidadán se pode preguntar se o seu esforzo en separar os distintos tipos de lixo serve para algo. Nos sistemas de recollida hai diferenzas: en case todas as cidades se utilizan colectores, aínda que a miúdo se conta cun recurso complementario: recollida pneumática, a realizada porta a porta...

A modalidade de cobro da taxa que deben pagar os cidadáns polo lixo amosa diferenzas tan importantes entre unhas e outras cidades que dificultan a comparación: nas máis delas cóbrase ó ano (agás en Sevilla e Granada, que o fan ó mes), nunhas a cantidade é fixa e noutras variable, e, no tocante ós criterios aplicados para o cobro, son tan dispares (a categoría fiscal da rúa, o consumo de auga, o tamaño da vivenda....) coma a factura final: desde entre un mínimo de 1,79 euros ó mes de Sevilla (equivale a pouco máis de 21 euros anuais) ata os 148 euros que como máximo cobran ó ano en Bilbao.

Os habitantes das 17 cidades xeran, de media, case 1,3 quilos de refugallos ó día por habitante. En Barcelona, Bilbao, Granada, Alacante e Córdoba cada habitante produce máis de 500 quilos de lixo ó ano, mentres que en Vitoria e Valladolid non chega ós 400 quilos anuais.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto