Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Secadores de pelo iónicos: O mellor, un dos máis baratos

Aínda que disque os secadores iónicos lle proporcionan unha maior suavidade, brillo e hidratación ó cabelo, só a metade das usuarias o notou

Analizáronse oito secadores de pelo iónicos de 1.800 W e de 2.000 W que custan desde os 24 euros de Polti ata os 40 euros de Solac. A mellor relación calidade-prezo preséntaa a segunda mostra máis barata, Taurus (30 euros), que ofrece unha boa calidade global e foi a mellor valorada polos usuarios.

Pero, en que consiste a tecnoloxía iónica? Cepillar o pelo, secalo cunha toalla ou a contaminación cargan o noso cabelo de electricidade estática, o que acaba por abrir as escamas do pelo e darlle un aspecto encrespado, amais de dificultar o peiteado. Para contrarrestar este fenómeno, os secadores iónicos, xunto ó fluxo de aire quente, xeran ións negativos que, segundo os fabricantes, neutralizan a electricidade estática e suavizan o pelo, axudando a que luza brillante e a que sexa bo de peitear. Ademais, estes secadores pulverizan as moléculas de auga ata convertelas en micropartículas tan miúdas que son capaces de atravesar a capa externa do cabelo e hidratar a cutícula. A velocidade de secado disque tamén é máis rápida ca cos equipos convencionais.

Non se atoparon diferenzas significativas no tamaño dos secadores. Todos eles son pequenos e manexables: o máis grande, Taurus, só é un 20% máis voluminoso có máis pequeno, Ufesa (20,3 x 23 x 8,4 cm). No peso si houbo diferenzas significativas: seis das mostras andan arredor do medio quilo, mentres que BJM e Taurus pesan case o dobre có resto.  

Potencia menor cá anunciada

Os oito funcionan enchufados á rede eléctrica, sen baterías e din contar cunha potencia de 2.000 W, salvo BJM e Polti, que anuncian só 1.800 W. Así e todo, a proba real demostrou que o seu consumo eléctrico é, nalgúns casos, moi inferior ó indicado: desde os 140 W menos que ofrece Fagor nas medicións ata os 320 W menos de BJM. Isto, dunha banda, resulta positivo, pois indica un menor consumo eléctrico, pero, doutra, significa que o equipo ofrece unha potencia inferior á anunciada. Agora ben, todas as mostras cumpren a norma, xa que a lei nada indica sobre os equipos que contan cunha potencia inferior á declarada.

Canto máis longo sexa o cable, máis sinxelo e cómodo resultará o manexo do secador, pois o usuario contará cunha maior liberdade de movementos. O cable máis longo ofréceo Taurus, con 305 centímetros, seguido por Solac (295 cm) e BJM (288 cm); o resto foron moi semellantes e roldaron os 180 cm.

Os oito secadores ofrecen unha reixa traseira desmontable para facilitar a súa limpeza, unha asa para colgalo da parede, tres niveis de regulación da temperatura (catro de se contar o aire frío, útil para fixar o rizo) e dúas velocidades de caudal de aire. Fagor suma unha segunda posición de aire frío, mentres que Polti non conta cunha posición fixa para o aire frío, o que obriga a estar presionando continuamente un botón para esta función. Polti, BJM e Ufesa dispoñen da función "Turbo", que aumenta a potencia uns segundos. BJM, o máis pesado, é o único equipo que non é de plástico, senón metálico con acabado en cobre. Os mangos de Solac e Ufesa, a diferenza do resto, non son antiescorregantes, pero o de Ufesa ten ó seu favor que pivota 90º, facendo máis cómodo o seu uso.

No tocante á tecnoloxía iónica (que disque suaviza, hidrata e evita que o pelo se encrespe), en Philips, Fagor, BJM e Solac actívase mediante un interruptor, polo que son capaces de emitir aire quente non-ionizado, a diferenza dos outros catro, nos que a emisión de ións negativos é constante. Polti e Ufesa son os dous únicos que non dispoñen dun indicador para avisar que se está emitindo aire ionizado.

Accesorios para peiteados

Amais da función obvia de secar o cabelo e previr así arrefriados, un secador de pelo é un instrumento útil para acadar diferentes peiteados, para o cal se tornan esenciais os accesorios subministrados. Os oito incorporan un concentrador de aire (unha boca que dirixe e concentra o fluxo á zona desexada) que se emprega habitualmente para alisar o pelo. BJM é o único sen difusor de aire, accesorio coa función oposta á anterior, é dicir, que reparte o aire ó longo de todo o coiro cabeludo e que lle confire maior volume ó cabelo. O difusor de Vidal Sassoon posúe nodos retractables e Ufesa inclúe dous difusores: un convencional e un segundo chamado "Ultra look" con varias saídas que se poden xirar en diversas posicións. Pero, sen dúbida, o equipo máis completo neste apartado é Taurus: amais do concentrador e do difusor, inclúe un cepillo redondo, un cepillo semicircular, un peite, dúas pinzas e un neceser.

Proba de uso

Seis usuarias habituais desta clase de aparellos, con melena ou media melena, probaron os secadores e puntuaron diferentes aspectos e funcións do un ó dez. Tamén probaron tres secadores convencionais (é dicir, non iónicos) para valorar se esta novidosa tecnoloxía é tan positiva como anuncian os fabricantes.

Todos os secadores recibiron de media boas valoracións. Fagor, Taurus, Vidal Sasoon e Solac acadaron, ademais, os sete puntos en "aspectos funcionais" (que engloba os parámetros máis importantes: eficacia e rapidez do secado, ruído xerado, eficacia no alisado de pelo...). Taurus obtivo as puntuacións máis altas en eficacia (8 puntos sobre 10) e rapidez do secado (8,2 puntos), resultado sobre o cabelo (7,5 puntos) e facilidade e comodidade de uso (7,8 puntos), utilidade dos accesorios (8,2 puntos) e eficacia do concentrador de aire (7,7 puntos). Os secadores son, polo xeral, ruidosos, pero Vidal Sasoon e BJM foron máis ruidosos có resto. Ufesa suspendeu o apartado de facilidade de almacenamento e transporte.

Os manuais máis claros e completos foron os de Philips e Solac. Solac tamén ofrece os botóns máis útiles e fáciles de usar. BJM recibiu as puntuacións máis baixas en todos os ítems valorados en "uso xeral" e suspendeu polo seu excesivo peso. Vidal Sasoon é o que, a teor das usuarias, ten un tamaño máis adecuado. En definitiva, todos obtiveron boas valoracións, aínda que con diferenzas. Taurus (7,6 puntos sobre 10) e Solac (7,4 puntos) foron os mellores. A puntuación máis baixa recibiuna BJM (6,2 puntos), seguido de Polti (6,7 puntos) e Ufesa (6,6 puntos). O resto superou lixeiramente os 7 puntos.

Os ións son útiles?

Tan importante como comparar os secadores iónicos entre si é medilos fronte ós equipos non-iónicos para comprobar se pagar algo máis por esta tecnoloxía paga a pena. Só a metade das usuarias percibiu mellores resultados cos secadores iónicos e foron as que tiñan o cabelo máis fino e liso as que máis notaron a redución na carga estática. No caso dos outros beneficios publicitados (hidratación, brillo e suavidade) os resultados son aínda peores: só un terzo das usuarias notou unha maior hidratación e brillo no cabelo.
Os oito equipos superaron en todos os casos as durísimas probas de seguridade ás que foron sometidas. BJM non cumpre a norma porque é o único secador que non supera o test de compatibilidade electromagnética, polo que lles pode xerar interferencias a outros aparellos eléctricos enchufados na mesma rede, como, por exemplo, unha radio. A documentación e a garantía que acompaña a cada equipo é correcta, ata o punto de que hai unha mostra, Taurus, que non só ofrece os dous anos de garantía preceptivos senón que ata os aumenta a un terceiro que abrangue unicamente os materiais.

Resistencia e vida útil

Son tan resistentes e duradeiros como deberían? Para calculalo fixéronse dúas probas. Dunha banda, os secadores foron sometidos a un ciclo de 15 minutos de funcionamento seguidos de 30 minutos de parada á máxima temperatura e velocidade de aire. Estimouse que o uso real destes equipos será dunha media de tres veces por semana e parouse o test se a mostra alcanzaba os cinco anos e medio de funcionamento simulado. BJM deixou de dar aire quente tras uns dous anos e medio de funcionamento simulado, mentres que o resto chegou ó final da proba funcionando correctamente, polo que, en principio, todos agás BJM deberían durar polo menos cinco anos e medio.

Doutra banda, é imprescindible que un equipo destas características poida resistir e seguir funcionando tras unha caída fortuíta. A norma esixe que sigan funcionando tras tres caídas desde 90 centímetros de altura sobre unha superficie de madeira contrachapada. Aínda que algún sufriu danos, como o desprendemento da reixa traseira, os oito seguiron funcionando tras a proba.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto