Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Alimentos enriquecidos en Omega-3: Os peixes azuis son a fonte máis saudable de Omega-3

Catro dos 15 alimentos enriquecidos en Omega-3, malia a que en efecto o eran, carecían das graxas DHA e EPA que protexen contra as enfermidades cardiovasculares

Ovos, galletas e produtos lácteos enriquecidos en Omega-3 (graxa saudable, xa que o seu consumo se asocia á redución do risco de padecer certas enfermidades, entre elas as cardiovasculares) forman parte dun amplo grupo de alimentos, denominados funcionais, que conteñen ingredientes engadidos (amais de Omega-3, hai alimentos enriquecidos en calcio, en fibra, etc.) que, á marxe da súa función nutritiva, exercen un efecto beneficioso (cientificamente demostrado) para a saúde.
CONSUMER EROSKI levou ó laboratorio 15 alimentos enriquecidos en Omega-3: catro mostras de lácteos enriquecidos e unha de bebida de soia, dúas mostras de galletas, dúas de ovos, tres de aceites e graxas, dúas de olivas recheas de anchoa e unha de néctar de laranxa e pexego.
O xeito máis saudable e económico para asegurar unha inxestión abonda de graxas Omega-3 é incluír na dieta habitual peixes azuis: a análise demostrou que cen gramos de salmón fresco proporcionaban 5.175 mg de graxas EPA e DHA (os Omega-3 que protexen contra as enfermidades, as cardiovasculares entre outras), no bonito a achega é de 2.326 mg e na troita de 1.473 mg, mentres que o alimento enriquecido con maior contido destes Omega-3 (a graxa para untar La Masía) contén só 538 mg/100 g, pouco máis da terceira parte cá troita, menos da cuarta có bonito e case dez veces menos có salmón. Se se prefire non consumir peixe azul e se precisa unha achega extra destas graxas de tan conveniente inxestión, pódese recorrer ós alimentos enriquecidos en Omega-3, especialmente ós ovos, produtos lácteos e graxa para untar e condimentos alimenticios, os que contiñan maior cantidade destas graxas. De todos os xeitos, poden substituír ós seus equivalentes non enriquecidos, pero non ó peixe azul, fonte tamén doutros nutrientes esenciais dos que estes alimentos enriquecidos carecen.

Unha análise reveladora

O 25% da mostra (un produto lácteo, unha bebida de soia, un preparado graxo a base de aceites refinados e un néctar de froitas), aínda que sexan efectivamente alimentos enriquecidos en Omega-3, non conteñen graxas EPA e DHA; só tiñan ácido linolénico, que non ten efecto protector demostrado contra as enfermidades cardiovasculares. E o 40% dos alimentos enriquecidos analizados (un produto lácteo, as dúas mostras de ovos, dúas de condimentos alimentarios e unha das dúas de olivas recheas de anchoa) atópanse fóra de norma por ofreceren unha cantidade de graxas Omega-3 menor á declarada nas súas etiquetas.
Nos 11 alimentos funcionais que contiñan EPA e DHA, as diferenzas foron relevantes: a graxa sólida para untar La Masía achegaba 528 mg/100 g de DHA e EPA, e a mestura de aceites da mesma marca, 455 mg/100 g, pero no resto de alimentos enriquecidos os contidos variaron desde os 32 mg/100 g da bebida láctea fermentada Puleva ata os 245 mg/100 g dos ovos Coren. No tocante a isto, non se fixou aínda unha CDR (cantidade diaria recomendada) de DHA e EPA, pero, estimando que se podería establecer nuns 200 mg ó día, os alimentos que as contiñan cumprirían co precepto de proporcionar como mínimo en cada cen gramos o 15% da CDR (sería de 30 mg/100 g). Se a CDR superase os 200 mg (é probable que alcance 500 mg), varios terían que aumentar o contido destas graxas para se seguiren denominando "enriquecidos en Omega-3". Os alimentos enriquecidos en Omega-3 custaban (agás nun caso) entre un 11% (condimento alimentario a base de aceite) e un 97% (graxa sólida para untar) máis cós "normais" das mesmas marcas.

Omega-3, non todos son iguais

Os Omega-3 atópanse de xeito natural e abundante nos peixes azuis (atún, bonito, troitas, sardiñas, xurelos, anchoas e salmón), pero tamén nos alimentos enriquecidos en Omega-3. Trátase de ácidos graxos poliinsaturados esenciais, que o organismo non pode producir e hai que llos subministrar coa dieta.
Tan Omega-3 é o linolénico coma o EPA (eicosapentanoico) e mais o DHA (docosahexanoico), pero EPA e DHA distínguense do linolénico na súa función no noso organismo. O linolénico (Omega-3 de cadea curta) é imprescindible para o funcionamento do noso organismo, pero só ós EPA e DHA (de cadea longa) se lles atribúe a capacidade de previr ou de minimizar o efecto de doenzas, entre outras as cardiovasculares. Por iso, cando se adquiren alimentos enriquecidos con Omega-3 é fundamental comprobar que conteñan EPA e DHA e non só linolénico (catro dos 15 estudados non contiñan EPA e DHA).
A comunidade científica non chegou aínda ó acordo que establecerá a CDR (dose diaria recomendada) de graxas EPA e DHA, da que se obtería a dose mínima que deben conter os alimentos enriquecidos nelas para que os seus efectos sobre a saúde sexan reais. Prevese que a futura norma da UE (publicarase no 2006), "Reclamos nutricionais e de saúde nos produtos alimenticios" resolva a indefinición normativa que existe na actualidade.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto