Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A adaptación ou cambio dunha piscina comunitaria

Vivo nunha comunidade de 24 vivendas. Cando merquei o meu piso existía unha piscina comunitaria como elemento común. A piscina non cumpre a nova normativa en vigor, polo que temos que introducir reformas que comportan importantes gastos. Desde que me instalei na comunidade manteño o desexo de non dispor da piscina e de empregar o terreo para outros servizos máis importantes e necesarios. 17 dos veciños están a favor de adecuar a actual piscina á normativa ou construír unha nova, máis pequena e con menores custas de mantemento. Se se constrúe outra piscina nova, teño algunha opción de quedar fóra do pagamento? Que consecuencias legais tería se decido non pagar nada relativo á piscina?

 A piscina é un elemento común e ó seu mantemento e conservación deben contribuír todos os propietarios conforme ó seu coeficiente de participación ou ó especialmente pactado. O desexo do afectado de eliminar definitivamente a piscina e de destinar os terreos a outros fins non parece factible, pois a comunidade de propietarios, mediante acordo maioritario cualificado, xa manifestou a súa vontade de manter o servizo de piscina.

No tocante ó segundo acordo, o relativo a axeitar a piscina actual á normativa en vigor ou substituíla por unha nova máis pequena de inferiores custas de mantemento, as condicións en principio non varían. Se se decantan pola primeira opción, todos deben contribuír a este gasto de mantemento e conservación. No tocante á segunda, abondará tamén co acordo da maioría e todos deben contribuír. Agora ben, pódese defender outra interpretación, que é que a construción dunha nova piscina supón unha modificación do título que require unanimidade, e votar en contra para impedilo. No caso de se adoptar o acordo de construír unha nova piscina por maioría, o afectado podería intentar a vía xudicial e impugnalo ante os tribunais (no prazo de tres meses ou dun ano segundo a infracción que alegue). Se gana este preito e o xuíz considera necesaria a unanimidade, non se poderá construír a nova piscina. Pero probablemente os seus intereses non se alcancen tampouco así, xa que quedaría a posibilidade de adecuar a existente e todos deberán pagar. Se o afectado perde, deberá pagar a obra porque o acordo vinculará a todos. E a inactividade, é dicir, non impugnar e negarse a pagar non é a vía máis adecuada. A comunidade podería chegar a reclamarlle nos tribunais as cantidades debidas. Antes de xudicializar as relacións comunitarias, é aconsellable alcanzar acordos no seo da Xunta de Propietarios que beneficien a todos. Por exemplo, o afectado pódelle solicitar á Xunta reducir a súa contribución á obra de nova construción e ó seu mantemento alegando o non uso.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto