Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

As xoias depositadas para arranxar xa non están

A miña nai levou unhas cadeas e un selo de ouro a unha reloxería para arranxalos hai aproximadamente un ano e esqueceu pasar recollelos, ata que hai poucos días acordou. Cando acudiu buscalos, o dono da xoiería explicoulle que os guindaran, que non era a primeira vez que o facían e que en varias ocasións xa regalaran reloxos porque os donos non pasaran recollelos. Que podemos facer?

  Cando se realiza a entrega dun ben moble nun establecemento para a súa reparación, xéranse varias obrigas e dereitos para as partes. Amais do contrato relativo ó servizo de reparación, hai un depósito das cousas. Este contrato de depósito é gratuíto, salvo pacto en contrario. O depositario, de acordo co artigo 1.766 do Código Civil, está obrigado a gardar a cousa e restituíla cando lla pida o depositante, e non pode servirse dela sen permiso expreso do depositante. En caso contrario, responderá das perdas e danos. Segundo o Código Civil a cousa depositada débese devolver (art. 1775 CC) cando o reclame o depositante.

Entendemos que a conduta do comercio, regalando ou desprendéndose das cousas sen comunicación ningunha ó consumidor, é contraria ás normas reguladoras do depósito e ás súas obrigas. Aínda que a inactividade e demora do consumidor poida facer presumir un incumprimento de contrato e a perda da expectativa de ganancia pola reparación, o comercio podía requirir ó cliente ou informalo do cobro de gastos de estancia e outras perdas e danos. O afectado debería acudir ó comercio, solicitar unha folla de reclamacións e reclamar a entrega ou alcanzar un acordo co establecemento para ser indemnizado. Pode acudir á arbitraxe de consumo, se se somete o establecemento. E, moi importante, debe comprobar se conserva o resgardo de entrega.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto