Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O coidado das unllas é algo máis ca un proceso estético, e o seu principal obxectivo é evitar que se estraguen e mellorar a súa firmeza
Aínda que non o pareza, as unllas son un tipo de pel modificada e non cumpren funcións decorativas. Protexen as últimas falanxes dos dedos, proporciónanlles apoio ás puntas dos dedos dos pés e das mans e axúdannos a levarmos a cabo accións como rañar unha superficie ou desatar un nó. O seu estado pode ser indicador de saúde e requiren coidados especiais para mantermos a súa firmeza e evitarmos que se estraguen. A alimentación, a hixiene e a manicura poden mellorar o seu estado e diminuír o risco de infeccións.
As unllas están formadas por tres capas de queratina. A primeira é a parte brillante, a segunda capa chámase queratina mediana e, a terceira, a queratina sensible. Estas tres capas corren o risco de separarse ou dobrarse cun uso intensivo do cortaúnllas ou das tesoiras.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI