Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Alternativas libres: A transición doce

Moitos programas de software libre funcionan tamén sobre Windows

Linux, o sistema operativo que abandeira o software libre e que representa unha das poucas alternativas a Microsoft, soa cada vez con máis forza, aínda que poucos son polo de agora os usuarios que se atreven a dar o salto a un contorno máis complexo. Con todo, varios programas de software libre, creados por voluntarios co código fonte (as tripas do programa) aberto para que se poidan modificar e personalizar, pódense descargar de Internet e instalar e utilizar sobre Windows sen dificultade ningunha. Son gratuítos e substitúen e, en moitos casos, melloran as aplicacións comerciais.

A instalación de ferramentas libres en Windows non só serve para aforrar cartos e utilizar programas punteiros, senón que fai que ó usuario lle resulte máis doado unha futura transición a Linux. Non son poucas as empresas que comezan por cambiar as aplicacións para, posteriormente, substituír o ata agora omnipresente sistema das ventás polo do pingüín. Así, ó usuario familiarizado coas aplicacións, practicamente non lle supón ningún esforzo aprender os mínimos cambios que supón migrar dun sistema a outro: os programas serán os mesmos cos que estivo xa traballando.

Nada que envexar ós programas de pagamento

Para o común dos usuarios, que o software sexa libre non representa unha gran vantaxe fronte a outros programas tamén gratuítos, aínda que o software aberto suponse de entrada un produto máis seguro porque milleiros de ollos poden esculcalo e melloralo constantemente. Firefox, da Fundación Mozilla, é se cadra o maior expoñente: trátase dun navegador lixeiro pero moi completo que día a día lle come terreo ó Explorer. As cómodas pestanas para navegar, os buscadores integrados e as grandes posibilidades de personalización e atraentes prestacións, que se amplían con centos de extensións (http://addons.mozilla.org), convertérono nun dos programas libres máis empregados dentro de Windows.

A Fundación Mozilla tamén é responsable de Thunderbird, un xestor de correo electrónico que pouco lle ten que envexar ó Outlook Express. Outros programas libres para Windows útiles para o internauta son Filezilla, que compite co popular WS_FTP para a transmisión de arquivos, PDFCreator, para manexar, ver e crear documentos en PDF, 7-zip para comprimir/descomprimir arquivos e Gaim, para a mensaxería instantánea.

 Gaim é tamén gratuíto, como os máis utilizados messengers de MSN, Yahoo! e AOL, pero ademais comunícase perfectamente con todos eles. É un exemplo de como un programa libre pode substituír e superar amplamente os ofrecidos polas grandes marcas: fácil de instalar e utilizar, permite reunir todos os contactos espallados entre os distintos programas de mensaxería instantánea nunha única aplicación.

Música, vídeo e imaxe 'libres'

Por iso, amais da robustez, unha boa excusa para escoller un programa libre fronte a outros semellantes gratuítos é a súa versatilidade. O software aberto afástase de formatos propietarios que complican a compatibilidade de distintos sistemas e céntrase na eficacia dos programas. Un bo exemplo é VLC Media Player, un reprodutor que acepta sen problemas CD, DVD e os formatos de vídeo e audio máis populares (MPEG, DivX, mp3, ogg, etc.).

O afeccionado a descargar e reproducir música e películas no ordenador sofre a multitude de formatos; non é estraño que algún usuario conte entre os programas instalados con tres ou catro reprodutores de audio e vídeo (Windows Media Player, iTunes, RealPlayer, WinAmp, etc.) e máis dun conversor de formatos. VLC acaba con eses problemas cun reprodutor lixeiro no que se visualizan mesmo as películas a medio descargar.

Pero, sen dúbida, a razón de máis peso para adoptar programas libres témola cando substitúen a programas comerciais de elevado prezo. Para o retoque de fotografías, The Gimp é capaz de competir dignamente sen danar o peto co custoso Photoshop de Adobe. Outros programas libres relacionados coa imaxe: Irfanview (visor de imaxes), Blender e POV-Ray (animacións 3D) ou TuxPaint (programa de debuxo para nenos).

Oficina libre

Tamén de prezo elevado é a suite de ofimática máis empregada, Microsoft Office. E pouca xente sabe que Word e Excel se poden substituír por aplicacións máis sinxelas e gratuítas como AbiWord, un procesador de textos compatible cos documentos de MS Word, ou por paquetes de programas de oficina realmente completos e tamén gratis como EasyOffice e OpenOffice.

Orzamento cero para software

Cando se adquire un ordenador págase un extra polos programas que veñen preinstalados. Quen queira contar de entrada co sistema operativo Windows XP Home Edition deberá aboar uns 70 euros e 50 máis pola versión Profesional. Así que para non gastar un euro en software hai que optar por un sistema operativo gratuíto, como Linux, máis amigable grazas ós escritorios (KDE e Gnome) e co que o usuario se pode familiarizar a través de versións executables desde o CD que non requiren instalación, como Knoppix.

A partir de aí os máis dos programas son gratuítos, ou, polo menos, poden selo. O paquete de ofimática de Microsoft, tamén presente en case tódolos ordenadores, sae por uns 1.000 euros na súa edición profesional (Office 2003 Profesional Edition), que pode ser perfectamente substituído por OpenOffice. O Adobe Creative Suite custa 2.000 euros, a metade se só se precisa Photoshop; paga a pena probar The Gimp antes de realizar semellante desembolso. Doutros programas máis ou menos habituais nun PC (navegadores, xestores de correo, reprodutores de música e vídeo, gravadores de CD, visores de imaxes, etc.) é sinxelo atopar versións gratuítas e/ou libres.

Máis difícil quizais é aforrar cartos na educación e no lecer. Así e todo, en Internet hai dicionarios e enciclopedias gratuítas (a Encarta de Microsoft custa 100 euros) como Wikipedia ou a Enciclopedia Libre Universal en Español (http://enciclopedia.us.es), programas para estudar o universo (Celestia) ou contemplar a Terra a vista de paxaro (Google Earth). Xogos tamén hai un cento en versións gratuítas (normalmente sinxelos ou 'demos xogables') e libres (Chess, Sokoban, Lbreakout, Crack Attack!, Neverball...), pero non compiten cos avanzados (e caros) xogos de última xeración. En definitiva, cun pouco de información sobre os programas dispoñibles é sinxelo aforrar os milleiros de euros que custa ter legalmente os programas 'imprescindibles'.

NAVEGAR Á CARTA

 Todo nun CD
http://theopencd.org
Para descargar un CD completo con programas libres (Internet, ofimática, deseño, multimedia, utilidades e xogos) para Windows. Outros sitios que recompilan software libre para o sistema operativo de Microsoft: GNUWin (http://gnuwin.epfl.ch/) e www.fceia.unr.edu.ar/lcc/cdrom

Libres e gratuítos
www.dered.net
Freesoftware 3.0 mestura programas libres (freesoftware) e/ou gratuítos (freeware) para Linux, Windows e MacOS X, ó igual ca cdlibre.org.

  Proxectos
http://sourceforge.net
SourceForge.net pasa por ser o sitio web máis importante para o desenvolvemento do software libre, berce -proporciona aloxamento gratuíto- de decenas de miles de proxectos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto