Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Aínda que se cadra o usuario non o sabe, parte da prima do seguro do seu automóbil ou do importe da póliza multirrisco do seu fogar non vai parar ás arcas da entidade que cobre as continxencias. Esa cantidade, que nos seguros de vehículos ascende a máis de 5 euros e nos de vivenda equivale a unha determinada porcentaxe do capital asegurado, ingrésaa un organismo público, o Consorcio de Compensación de Seguros, que depende do Ministerio de Economía e Facenda. O Consorcio cobre riscos que as aseguradoras non inclúen entre as súas coberturas (como os sinistros producidos por desastres naturais) e asegura a condutores rexeitados polas compañías de seguros.
Riscos derivados de feitos de carácter político ou social dos que se cobren as consecuencias: actos de terrorismo, rebelión, sedición, motín e tumulto popular, e mais os feitos ou actuacións das Forzas Armadas ou das Forzas e Corpos de Seguridade en tempo de paz.
En caso de controversia entre o Consorcio e a aseguradora: cobre danos ás persoas e en bens se hai controversia entre o Consorcio e a aseguradora sobre quen debe indemnizar ó prexudicado. Se máis adiante se acorda que a quen lle corresponde indemnizar é á aseguradora, daquela esta reembolsaralle ó Consorcio a cantidade indemnizada máis os xuros legais, incrementados nun 25%, desa cantidade desde a data en que se aboou a indemnización.No caso de vehículos sen seguros e de vehículos roubados, o Consorcio indemniza a vítima do accidente, pero posteriormente inicia a acción de recobro fronte ó causante do accidente.
En riscos extraordinarios
En sinistros con vehículos a motor A vítima só debe demostrar o acontecido mediante un atestado policial, un informe do taller e un parte médico (de haber danos físicos).
Hai que presentar unha reclamación na delegación rexional do Consorcio da provincia onde se producira o accidente ou na compañía de seguros na que se contratara esta póliza.
O Consorcio asume a cobertura obrigatoria de condutores (mozos, inexpertos ou culpables de moitos sinistros) e de vehículos a motor (como coches ou motos de gran cilindrada e considerados perigosos polas compañías de seguros) non aceptados polas entidades aseguradoras. Para iso, os condutores deben acreditar ou indicar que polo menos dúas compañías rexeitaron a súa solicitude de seren asegurados. Se o Consorcio, ó corrente do que acontece no mercado dos seguros, ten noticia de que hai aseguradoras que non aceptan a determinados clientes, só haberá que achegar o nome destas compañías de seguros, non cómpre acreditalo por escrito. Cando o Consorcio se encarga destes condutores só asegura os danos que produzan a terceiros, tanto os correspondentes ó seguro obrigatorio como, se o condutor o prefire, os de responsabilidade civil voluntaria, máis ampla.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI