Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Fluidez do tráfico urbano: Nalgunhas cidades o tráfico é tres veces máis lento ca noutras

Comparada a fluidez do tráfico en 18 cidades: o bus foi o medio de transporte máis lento en todas, agás en Bilbao

  CONSUMER EROSKI investigou, mediante unha proba práctica e un sistema propio de análise, a fluidez do tráfico en 18 cidades: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Santander, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza.

Técnicos da revista realizaron o pasado mes de xuño unha serie preestablecida de desprazamentos en cada unha destas cidades co obxecto de comparar o tempo empregado e o gasto que lle supuñan ó usuario dos diversos medios de transporte público e privado: autobús, moto, taxi e metro (nas cidades que contan con el), dunha banda, e coche propio, doutra. En total, cubriuse unha media de 39 quilómetros en cada cidade durante os mesmos intervalos horarios e en percorridos semellantes. No rexistro de tempos anotouse non só o traxecto en cada medio de transporte, senón tamén o tempo necesario para acceder a eles (parada de bus, de taxi, etc.) e, de ser o caso, para aparcalos.

Conclusión: circúlase moi a modo, especialmente en bus

Nas cidades de España circúlase moi a modiño (8 minutos leva de media nestas 18 cidades cubrir un quilómetro en coche privado; ródase, polo tanto, a unha media de 7,5 quilómetros por hora), rexístranse enormes diferenzas na fluidez do tráfico segundo sexa a cidade, e isto non sempre é explicable polo tamaño ou pola poboación da cidade: en Alacante e Santander cómpre case o dobre de tempo ca en Barcelona (15 minutos, fronte a 8) para percorrer un quilómetro en coche privado. A cidade na que se precisou menos tempo para salvar este quilómetro de distancia foi Pamplona: abondaron catro minutos. A media das 18 cidades foi de pouco máis de 8 minutos, pero houbo grandes diferenzas. Destacaron positivamente, tras Pamplona, e de menos a máis tempo necesitado, A Coruña (6 minutos e 3 segundos), Málaga, Valencia, Vitoria, Granada, Oviedo e Cádiz; nestas sete cidades necesitáronse entre 6 e 7 minutos para facer un quilómetro en coche privado. Preto quedou Bilbao, con 7 minutos e 10 segundos. As cidades menos compasivas co usuario que utiliza o seu propio coche foron Alacante e Santander, onde se necesitaron máis de 15 minutos para cubrir cada quilómetro. Seguen o seu ronsel Madrid (11 minutos e 40 segundos) e Sevilla (case 9 minutos e medio). O resto das cidades achegábanse ó valor medio: 8 minutos por cada quilómetro.

  O estudo comparou tamén a eficacia coa que responden os medios de transporte ás présas dos seus usuarios. E xurdiu algunha sorpresa, que non foi que o medio máis rápido resultara, en todas as cidades, a moto. Pero si o foi que o segundo lugar lle correspondera ó metro só en Barcelona e Bilbao; e non en Madrid (onde foi máis áxil o taxi) nin en Valencia (taxi e coche privado son máis rápidos). O taxi ocupa o segundo lugar en rapidez en 13 das 18 cidades (na Coruña, en Vitoria e en Murcia foi máis lixeiro o coche privado). O terceiro lugar do podio é para o coche en 13 cidades, e o cuarto (quinto nas cidades con metro) adxudícase ó bus, no furgón de cola en todas as cidades menos en Bilbao, onde este posto o leva o coche privado. En definitiva, o bus, o transporte urbano por antonomasia nas urbes sen metro, segue sendo moi lento: en Santander, en Murcia e en Alacante foron precisos arredor de 20 minutos para percorrer un quilómetro, e non constitúen un caso extremo: a media do bus nas cidades estudadas foi de 11 minutos e medio, cando a moto só precisou 4 e medio, o taxi 6, o metro 7 minutos e o coche privado 8 minutos (trátase en todos os casos das medias das 18 cidades). A cidade na que máis rápido se circulou en bus foi Bilbao (pouco máis de seis minutos cada quilómetro), e tamén obtiveron moi bos rexistros os buses de Pamplona e Cádiz (arredor de 7 minutos), Málaga e Valladolid (menos de 9 minutos). E foron moi lentos os buses de Oviedo, da Coruña e de Madrid, que precisaron máis de 13 minutos para cubrir un quilómetro.

Tamén se pode comparar a fluidez do tráfico en xeral de cada cidade facendo unha media aritmética do tempo necesitado por todos os medios de transporte utilizados na proba práctica. E constátase que a máis condescendente cos usuarios que se desprazan nun medio motorizado é Pamplona, e a certa distancia quedaría o grupo composto por Bilbao, Cádiz e Málaga. No outro extremo, as de tráfico máis lento serían Alacante, Santander e Murcia, seguidas (a notable distancia) de Madrid. A outra grande urbe, Barcelona, queda en posición intermedia.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto