Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Factores hormonais inflúen nun problema que afecta a preto do 10% das mulleres
As convencións sociais e estéticas reclaman como ideal de beleza a ausencia de pelo corporal na muller, pero para un 9% das cidadás europeas -segundo algúns estudos-, a súa non é doado adecuarse a este modelo porque padecen hirsutismo. Non é sinxelo definir este problema, pero acéptase que se pode falar de hirsutismo cando o pelo terminal, é dicir, cabelo groso, escuro e máis longo, medra en lugares onde as mulleres non adoitan telo: beizos, queixo, peito, costas ou abdome. Nos casos de hirsutismo hai unha "virilización" da distribución do pelo terminal. É, xa que logo, un problema exclusivo das mulleres, e non se trata dunha enfermidade específica, senón dun signo que moitas veces é manifestación doutros trastornos. Agora ben, en case todos os casos xera un problema estético que moitas mulleres viven cunha carga máis ou menos intensa de ansiedade e preocupación.
A pel humana está recuberta, non sendo na palma das mans e na planta dos pés, por folículos pilosos que producen dous tipos de pelo: a peluxe -suave, curta e pouco pigmentada- e o pelo terminal -máis groso, pigmentado e longo-. A transformación da peluxe en pelo terminal depende de factores hormonais, en concreto dos andróxenos, as hormonas masculinas. Un terzo das mulleres en idade fértil teñen peluxe no beixo superior, queixo e patillas. A presenza de peluxe vén determinada por factores xenéticos e raciais. Coa idade, e en especial tras a menopausa, a cantidade de peluxe facial increméntase e en moitas ocasións transfórmase en pelo terminal.
O aumento dos niveis de testosterona produce hirsutismo.
Os folículos pilosos transforman a testosterona en dehidrotestosterona, que estimula a conversión da peluxe en pelo terminal.
Este incremento de testosterona libre dáse nalgunhas afeccións:
A obesidade nas mulleres produce en moitos casos aumento da testosterona.
Na maioría dos casos de hirsutismo, así e todo, non hai ningunha das devanditas afeccións e non se atopa unha explicación clara para xustificar a súa aparición. Fálase daquela de hirsutismo idiopático, é dicir, de orixe non coñecida.
Para tratar o hirsutismo, é fundamental coñecer as súas causas. Débese realizar unha exploración física para cuantificar a intensidade, lonxitude e grosor do pelo terminal e mais a súa distribución por zonas. O Store Framinghan é un sistema de medición internacional que proporciona un rango. En moitos casos será aconsellable realizar análises de sangue para medir os niveis hormonais (testosterona, hormona luteinizante, prolactina, índice de andróxenos libres e sulfato de deshidroepiandrosterona). Á vista do perfil hormonal pódese considerar oportuna a realización de probas como ecografía, escáner ou resonancia magnética para diagnosticar ou descartar patoloxía ovárica, de suprarrenais ou outras.
No tocante ó tratamento, en pacientes cunha patoloxía ovárica, suprarrenal ou outra alteración hormonal que causen hirsutismo debe eliminarse a causa. Pero cando se trata dun hirsutismo idiopático, o tratamento vai dirixido a disimular ou eliminar o exceso de peluxe e pelos. O que se adoita facer é aclaralo por medio de produtos que se venden en farmacias e centros de cosmética. O método máis moderno é o da depilación con láser ou fotodepilación.
O seu descubrimento como depilador foi casual. No seu uso para eliminar tatuaxes comprobouse que a zona na que incidía o láser quedaba depilada. A luz emitida polo láser ten grande apetencia pola melanina (pigmento que lle dá cor ó pelo, pel...) e, por un fenómeno de termólise (aplicación de calor), o pelo destrúese.
Contraindicacións absolutas para a fotodepilación
Contraindicacións relativas
Cómpre que todas estas situacións sexan valoradas e controladas polo especialista. Ademais, a fotodepilación pode ter efectos secundarios en persoas sas, como a aparición de vesículas ou bochas e escamas, que se manifestan inmediatamente, ou zonas hipo ou hiperpigmentadas que xorden de xeito tardío e que adoitan ter carácter transitorio. En ocasións excepcionais tamén aparecen cicatrices. Por mor destes efectos secundarios e á grande oferta de centros de fotodepilación, algúns con escasas garantías, é fundamental informarse moi ben antes de decantarse por un ou por outro e, desde logo, ter a absoluta seguridade de que non se sofre ningunha das contraindicacións antes descritas.
Doutra banda, cómpre ter en conta que antes de someterse a unha fotodepilación:
Hai moita publicidade enganosa que garante a desaparición total e definitiva da peluxe e do pelo, pero a realidade é que se precisan varias sesións para eliminar entre un 70-80% do pelo da zona tratada. Ademais, non todas as partes do corpo responden igual e os resultados pódense manter por un ano ou dous. Posteriormente, a peluxe comeza a medrar de novo, pero en menor cantidade, e os pelos adoitan ser máis finos, máis claros e debilitados.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI