Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha empresa concertou un contrato de seguro de danos para a súa maquinaria. Nas condicións xerais excluíanse os danos por roubo e furto, pero nas condicións particulares incluíuse expresamente a cobertura de danos ou perdas sufridas a consecuencia de roubo ou intento de roubo. Un grupo electróxeno foi roubado e a compañía de seguros negouse a cubrir os danos, polo que se chegou a xuízo. A Audiencia Provincial de Burgos, en sentencia do 1 de decembro do 2004, ditaminou que a aseguradora debía cubrir o sinistro. Argumentou que a lexislación en materia de seguros parte de principios proteccionistas do asegurado e que as dúbidas interpretativas deben resolverse a favor do asegurado. Por iso, estimou que para considerar excluída a cobertura de danos por furto debía constar así especificamente nas condicións particulares. Engadiu que a Lei do contrato de seguro outórgalle á expresión "roubo" un sentido moi amplo cando di que polo seguro de roubo o asegurador se obriga a indemnizar polos danos derivados da subtracción ilexítima por terceiros das cousas aseguradas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI