Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Mercámoslle unhas vacacións en aproveitamento por quendas a unha empresa. Convidáronnos a unha fin de semana nun hotel, ensináronnos as instalacións e instáronnos a mercar unha semana de inverno; nese intre obrigáronnos a pagar con tarxeta un anticipo e a asinar varios pagarés polo valor total da venda. Non se cumpriu case nada do que o vendedor nos prometeu oralmente. Asegurou que unha grande empresa que dispuña de 3.500 lugares no mundo nos ía cambiar a semana de vacacións por outra ó noso gusto avisando con 45 días de tempo e tamén que esa mesma empresa nos ía proporcionar outras 11 semanas máis a un prezo medio dunhas 20.000 pesetas. Nada diso se cumpriu e agora vemos que o prezo pagado por unhas vacacións en inverno é abusivo se se compara co que ofrecen as axencias de viaxes.
A Lei 42/98 reguladora do aproveitamento por quendas de bens inmobles establece o dereito do consumidor a desistir do contrato no prazo de dez días. O desistimento realízase por notificación fidedigna. Se ese prazo venceu, dispón doutro máis amplo de tres meses para resolver o contrato cando este non recolla as mencións que impón a lei. Ademais, marca a prohibición de pagamentos anticipados mentres se dispoña dos dereitos a desistir e resolver.
En caso de que non cumpra coa lei, instar en xuízo a resolución do contrato é a vía máis práctica, salvo que cheguen a algún acordo. Doutra banda, do relato dos feitos despréndese que a sinatura do contrato foi obtida con enganos sobre as posibilidades de intercambio e prezos de futuras adquisicións. Desafortunadamente, os compromisos incumpridos tiveron carácter oral, polo que será difícil probalo. O afectado debe ler a documentación recibida e comprobar se consta a posibilidade de participar nun sistema de intercambio e, se é así, as custas deste servizo. A opción máis factible é acudir a un avogado para valorar o contrato e os medios de proba dos que se dispón. Convén solicitar un orzamento. Antes de ir a xuízo, deberíase intentar negociar un acordo coa mediación dunha OMIC, Asociación de Consumidores ou avogado.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI