Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Facilidades excesivas para vender os datos persoais

Recibín unha carta dunha empresa que me comunica que van vender os meus datos persoais da súa base de datos. Se non me opoño no prazo dun mes, a empresa considera que dou o meu permiso. Para amosar a miña negativa esíxenme un escrito para que conste o seu envío e recepción. Síntome desprotexido e agraviado. Deberían ser eles os que realizasen todas as xestións sen que para min supuxese custo ningún de tempo ou cartos. Ademais, a petición chegou cun mes e medio de retardo sobre a data que figura na carta.

  A Lei 15/1999 de protección de datos persoais regula o seu tratamento para garantir a privacidade das persoas. A súa cesión é unha actuación potencialmente perigosa para os dereitos e liberdades da persoa. Por iso, o consentimento do titular dos datos resulta esencial para preservar os seus dereitos. Este ten que ser "inequívoco", termo co que se entende toda manifestación de vontade, libre, inequívoca, específica e informada mediante a que o interesado consente o tratamento de datos persoais que lle atinxen. É dicir, o termo inequívoco permite a posibilidade de que o consentimento sexa tácito ou, dito doutro xeito, outorgado por omisión, mentres que esta posibilidade non é aceptable de se establecer o consentimento expreso.

Polo tanto, o problema suscitado non é se é necesario ou non o permiso, pois ese permiso é obrigatorio e isto non se dubida. O que se discute é se é admisible o consentimento tácito, aínda que cunha interpretación restritiva e con todas as garantías. A clave está en como se pode probar que unha persoa deu o seu consentimento cando negue que o fixo, pois non se pode considerar válido o consentimento se falta a acreditación inequívoca.

No caso presentado, suxírese que se presente unha denuncia contra a empresa ante a Axencia Española de Protección de Datos ou da súa comunidade autónoma se é que a hai. Tamén se pode alegar a ausencia de gratuidade para o envío e a confusión relativa ás datas e, de ser o caso, cómpre ter presente que a lei di que os interesados que, como consecuencia do incumprimento do disposto na presente Lei polo responsable ou polo encargado do tratamento, sufran dano ou lesión nos seus bens ou dereitos terán dereito a ser indemnizados.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto