Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un traslado require dunha boa información, organización e método
O cambio de fogar implica a tan temida mudanza. Aínda que semelle complicada, non o é se se realiza cun pouco de organización e método. No caso de que o seu orzamento llo permita, o mellor é confiarlle este labor a profesionais. Aquí sinalámoslle algúns consellos prácticos para que a súa mudanza resulte un éxito.
Se vai empaquetar pola súa conta, elixa caixas sólidas e non demasiado grandes; deste xeito, serán máis boas de erguer.
Deposite os obxectos máis pesados en primeiro lugar e, sobre eles, outra capa de papel. Siga deste xeito co resto dos obxectos ata encher a caixa.
Etiquete claramente as caixas que conteñen obxectos fráxiles para que sexan manexadas con xeito. Indique cal é o lado superior da caixa para que sempre estea boca arriba.O prezo da mudanza determínano:
Vivenda de 90 metros cadrados
3 habitacións
Mudanza local
Volume de vultos que transportar: 30 metros cúbicos
Tarifa aproximada: 1115 euros
Vivenda de 90 metros cadrados
3 habitacións
Mudanza local
Volume de vultos que transportar: 40 metros cúbicos
Tarifa aproximada: 1394 euros
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI