Saltar o menú de navegación e ir ao contido
As tarifas oficiais fixan os mínimos, polo que as diferenzas de prezos entre uns e outros notarios poden ser enormes
A figura do notario, imprescindible para lle dar validez legal a un documento, coñécese máis polas súas onerosas minutas ca polas funcións que realiza. En España hai uns 3000 notarios adscritos ós Colexios notariais, que os apoian na súa función e controlan a súa actuación baixo a coordinación do Consello Xeral do Notariado. A escrituración da compravenda dunha vivenda, a realización de testamentos e o reparto de herdanzas son as operacións que en maior medida precisan da figura do notario, que estuda o caso concreto que se lle expón e informa sobre as posibles actuacións, indicando as súas custas incluíndo as dos impostos que o cliente ten que pagar. Esta primeira consulta é gratuíta, e só se procederá ó pagamento dos servizos cando se acepte o orzamento e o notario redacte o documento.
Labor do notario
A misión do notario consiste en dar fe de que se levou a cabo esta operación dentro da legalidade vixente. Unha vez feitas as pertinentes comprobacións, encárgase de elaborar as escrituras, documento que acredita que a propiedade pertence ó seu comprador.
Elección do notario
Aínda que o habitual é que as escrituras de compravenda dunha vivenda se realicen coa notaría que habitualmente traballa coa entidade bancaria que financia a hipoteca, o certo é que o comprador do inmoble -que, cómpre non esquecelo, vai ser quen aboe os honorarios deste profesional- é libre de contratar os servizos do notario que desexe (dentro do distrito notarial que lle corresponda).
Taxas
As tarifas notariais ou aranceis cóbranse en función dunha escala que toma por base o prezo da casa, con independencia de que sexa nova ou usada. Velaquí as tarifas mínimas -non hai tope para máximos- estipuladas polo Goberno mediante Real Decreto:
Consello
Dado que as estipulacións das tarifas só mencionan as cantidades mínimas que os notarios poden cobrar e non as máximas, na práctica hai notables diferenzas entre uns despachos notariais e outros. Convén comparar: as tarifas tamén se poden multiplicar en función do prestixio do notario, da súa experiencia e recoñecemento profesional e do lugar físico onde se localiza a oficina.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI