Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A prevención é o mellor remedio para evitar unha afección que pode chegar a causar a morte
Os humanos somos animais homeotermos, é dicir, mantemos a temperatura corporal constante dentro dunhas marxes. A temperatura normal do noso corpo sitúase arredor dos 37 graos, con oscilacións fisiolóxicas circadianas; é máis baixa pola mañá e alcanza o seu máximo entre as 4 e 6 horas da tarde. Pode chegar ata os 37,7º, pero esta variación é perfectamente normal. O mantemento dos límites xestiónase desde o cerebro, en concreto no hipotálamo anterior, un centro termorregulador que equilibra a temperatura corporal. Para iso, recibe información desde distintas partes do corpo por medio dos termorreceptores e pon en marcha os mecanismos adaptativos. Se vai moito frío activa os necesarios para elevar a temperatura -tremores, vasoconstrición, etc.-, e se vai moita calor acciona os mecanismos de refrixeración e disipación da calor, como o aumento da frecuencia respiratoria, cardíaca e da circulación sanguínea na pel, a vasodilatación da rede sanguínea da pel e o incremento da suor.
Polo xeral, os trastornos provocados polo exceso de calor no organismo humano son frecuentes, pero de escasa gravidade. Adoitan ser habituais os casos leves, que se caracterizan por cambras que aparecen en persoas que realizan unha actividade física prolongada en ambientes caloroso e húmidos. Máis importancia ten o denominado esgotamento ou colapso por calor. Prodúcese un fallo nos mecanismos cardio-circulatorios de adaptación á calor, pero mantense unha boa resposta do centro termorregulador hipotalámico. Aparecen síntomas como debilidade, cansazo, dor de cabeza, mareo, náuseas e vómitos. Esta situación pode progresar ata a incoordinación muscular e perda máis ou menos completa da consciencia. O afectado está pálido, suoroso, pero a súa temperatura mantense normal ou lixeiramente elevada.
Nestes casos o que cómpre facer é:
Se non se lle pon remedio a tempo a un colapso por calor, cando quen o sofre é vulnerable ou a calor é excesiva, prodúcese o cadro máis grave da patoloxía por calor: o golpe de calor. Os mecanismos termorreguladores fallan e se non se actúa axiña e de maneira adecuada orixínase un fallo multiorgánico que pode derivar no falecemento do paciente. A diferenza do que acontece no colapso, no golpe de calor a temperatura é moi elevada -maior de 39-40 graos-, a pel está enxoita e quente, vaise perdendo a consciencia e éntrase en coma. É unha urxencia vital: hai que trasladar o paciente a un centro hospitalario o máis axiña posible. Aínda que se trate a tempo, a mortaldade é elevada e son frecuentes as secuelas neurolóxicas e doutro tipo en quen sobrevive. Ata o traslado do paciente ó hospital para que reciba a atención médica adecuada, pódenselle aplicar compresas de auga fría e darlle de beber auga a pequenos grolos.
Aínda que calquera persoa pode acusar os efectos da calor excesiva, hai algunhas máis vulnerables:
A mellor medida é a prevención, evitar o efecto da calor en calquera das súas modalidades. Por iso, e ante temperaturas elevadas, cómpre adoptar medidas preventivas.
Con anterioridade á ola de calor padecida no verán do 2003, a revista American Journal of Epidemiology facíase eco dun estudo da Universidade John Hopkins no que se evidenciaba unha relación entre as temperaturas extremas e a mortalidade da poboación. Determinaron que existía unha "temperatura de mortalidade mínima" (TMM) que era de entre 18-21 graos para as cidades frías do norte e de entre 24-32 para as cidades máis cálidas do sur. Os resultados indicaban que as cidades do sur son moito máis vulnerables ó frío e morren máis persoas cando a temperatura descende por baixo da TMM, mentres que as cidades do norte son máis sensibles á calor e que a súa mortalidade medra cando as temperaturas ascenden por riba da TMM. Así aconteceu na ola de calor que azoutou Europa no 2003. A morte de milleiros de persoas puxo de manifesto a descoordinación ministerial, a falta de persoal sanitario e de camas (agravada polas vacacións do verán) e a ausencia dun sistema de alerta, vixilancia e información ante estas situacións extremas nos países afectados.
Dadas as variacións climáticas extremas que se están a ver nos últimos tempos, adquire maior relevancia a posta en marcha de plans de emerxencia para "situacións climáticas extremas" que mitiguen os efectos destes fenómenos climáticos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI