Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Segundo o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDEA), a maior parte da enerxía que se usa nas vivendas españolas dedícase ó uso da calefacción e á produción de auga quente sanitaria. Estas dúas partidas suman o 66% do gasto enerxético familiar. O 34% restante invístese no uso de electrodomésticos (16%), na cociña (10%), na iluminación (7%) e no aire acondicionado (1%). Convén ter presente que o aforro enerxético que se pode acadar cun uso eficiente dos equipamentos das nosas vivendas é moi importante. Por esta razón, é determinante analizar os datos destes aparellos en función do uso que lles vaiamos dar: a medio e longo prazo, os electrodomésticos máis baratos poden resultar caros se non se ten en conta a información sobre o seu consumo enerxético. Con este propósito, a Comisión Europea puxo en marcha en 1989 o sistema de etiquetas enerxéticas para informar ós usuarios do consumo de enerxía do electrodoméstico, xeralmente no modo de uso da enerxía, eficiencia e/ou custas da enerxía, contribuíndo ó mesmo tempo a controlar a contaminación ambiental, xa que a maior parte da enerxía que hai no planeta procede de fontes enerxéticas esgotables.
Non hai organismos independentes que etiqueten os electrodomésticos: son os propios fabricantes os que asignan as etiquetas despois de contratar os servizos de laboratorios homologados. Ademais, nestas probas de laboratorio permítese un marxe de erro que pode ser de ata un 15%. Neste sentido, diversos estudos encargados por asociacións de consumidores indican que "as clases enerxéticas mencionadas nas etiquetas non sempre se corresponden coas reais e os aparellos sitúanse a miúdo nunha clase máis elevada da que realmente lles corresponde".
A clave do aforro atópase nos niveis de consumo e de rendemento do electrodoméstico. Así, un frigorífico-conxelador de clase A consome 340 kWh ó ano, un 48% menos ca un de clase D e un 60% menos ca un de clase G. Nos dez anos de vida útil que se lle presupón, consumiría 5.100 kWh menos (o equivalente a uns 400 euros) ca un frigorífico semellante da clase G. Amais das etiquetas enerxéticas, outras cuestións nas que convén reparar son:
Queremos un lavado económico ou un rápido? Os fabricantes ofrecen as seguintes recomendacións segundo sexa a resposta:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI