Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Talleres de reparación de automóbiles: Suspenso en información ó usuario

Aínda que a lexislación os obriga a iso, máis da metade dos 200 talleres estudados non exhibían as tarifas por man de obra e o 35% negáronse a elaborar un orzamento escrito

  O parque automobilístico español é un dos máis vellos de Europa: o 35% dos 19 millóns de turismos que circulan polas nosas estradas teñen máis de dez de antigüidade, e un 10% supera os 20 anos. Os condutores gastan unha media de 433 euros ó ano no mantemento do coche, que levan ó taller unha media de 2,4 veces ó ano. E, aínda que os vehículos son cada vez mellores, os automobilistas gastan un 34% máis nas visitas ó taller ca hai cinco anos, e acoden a eles só un chisco menos ca antes. Aumentaron os traballos relacionados coa climatización do vehículo, a electrónica e os compresores, mentres que decreceron tarefas máis tradicionais, como cambios de buxías, pastillas de freos e tubos de escape.

Outra peculiaridade española é a atomización do sector: operan case 52.000 talleres de diverso tipo (priman os pequenos), máis ca en Alemaña e Francia xuntos. E só se leva o vehículo a un taller oficial do concesionario da súa marca mentres está en período de garantía: durante o seu primeiro ano de vida case o 80% dos coches visita case exclusivamente os talleres oficiais da súa marca, pero a proporción descende vertixinosamente co paso do tempo, quedando nun simple 38% no cuarto ano. Desde 1986, a lexislación obriga a que os talleres de reparación e mantemento de vehículos cumpran unha serie de requisitos, entre outros a obriga de elaborar un orzamento por escrito antes da reparación, e a de exhibir as tarifas por man de obra.

Técnicos de CONSUMER EROSKI, facéndose pasar por clientes, visitaron recentemente 200 destes talleres en 13 cidades (Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Bilbao, A Coruña, Oviedo, Pamplona, Vitoria, San Sebastián, Murcia e Zaragoza); 78 deles eran independentes ou tradicionais (non vinculados a ningunha marca), 60 eran talleres concesionarios oficiais de marca, e os restantes 62 eran de mecánica rápida ou franquía.

Comprobouse en todos eles a información que se lle proporciona ó usuario (de modo verbal e a exhibida en carteis ou paneis) e se cumpren coa norma en materia de, entre outras cousas, exposición de placas e números de identificación, información da garantía da reparación e tarifas por man de obra. Utilizáronse 13 coches, todos eles de gama media ou baixa, un para cada cidade, e preguntouse nos talleres o prezo dunha revisión básica (niveis de aceite, limpaparabrisas e anticonxelante, estado e tensión das correas, estado dos pneumáticos, pastillas e discos, gardapós e folganzas, amortecedores e liña de tubo de escape) sen cambio de líquidos nin substitución de pezas ou compoñentes e, tamén, o prezo dun cambio de batería. Solicitouse un orzamento por escrito en todos os talleres.
Pois ben, a principal conclusión do informe é que a miúdo a información que recibe o cliente nos talleres é insuficiente e incumpre a norma, ó non ter placa-distintivo no exterior (o 18% dos talleres), non exhibir as tarifas por man de obra (55%), non indicar o horario de traballo do taller (o 40%) e non informar da existencia do libro de reclamacións (62%) nin do dereito a recibir un orzamento por escrito (70%) nin da garantía de polo menos tres meses ou 3.000 quilómetros con que contan todas as reparacións (o 64% dos talleres estudados).
Outra constatación: un de cada tres talleres negouse a entregarlle un orzamento por escrito ó técnico de CONSUMER EROSKI (que se presentou como un cliente máis), aínda que están obrigados por lei a facelo e aínda que se lles reiterou varias veces esta esixencia. Entre as razóns que aducían os empregados dos talleres anotáronse escusas máis ou menos razoables ("non está o encargado para confeccionar o orzamento" ou "temos que facer unha revisión máis profunda do vehículo"), pero outras foron tan inaceptables como "non adoitamos facer orzamentos por escrito", "nunca nolo piden", "non funciona o ordenador" ou "ando con moito traballo e non teño tempo". Iso si, só un 3% dos talleres que fixeron o orzamento escrito cobraron pola súa elaboración (o prezo foi desde os 10 ata os 25 euros).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto