Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha operadora de telefonía demandou a outra por competencia desleal. Alegou que realizara a preasignación de varios dos seus abonados sen contar co permiso do cliente, tal e como esixe a lei, e presentou denuncias de abonados. Aínda que perdeu en primeira instancia, a Audiencia de Barcelona, en sentencia do 9 de febreiro do 2005, deulle a razón.
Na resolución sinalouse que a preasignación telefónica -o abonado pode elixir un operador diferente do que prové o acceso sen necesidade de marcar previamente o código que o identifica- debe partir do cliente, que llo comunicará ó operador desexado para que llo comunique ó anterior e así se faga efectiva. Ademais, a Comisión do Mercado de Telecomunicacións especifica que o cambio de operador por preselección só debe comezar co previo consentimento escrito do abonado, algo que non existía nos casos denunciados.
Esta práctica da operadora implicou a competencia desleal, ataque ó principio de igualdade de oportunidades e ó funcionamento do mercado, polo que foi condenada a cesar nestas accións con carácter inmediato, á anulación das condutas levadas a cabo e a publicar esta sentencia en dous xornais de alcance nacional.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI