Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha consumidora tiña os seus aforros a prazo fixo nun banco a un 3% de xuro anual. O subdirector da súa sucursal propúxolle investir os seus aforros noutro produto que ofrecía un 5,15% anual, pero omitiu información sobre aspectos esenciais do novo investimento, como o risco de non acadar rendibilidade ningunha ou a posibilidade de que o propio capital investido puidese diminuír en atención ós riscos do mercado, como de feito aconteceu. Por todo iso demandou o banco e reclamou 5.284 euros polas perdas sufridas co erróneo asesoramento financeiro e ganou o xuízo.
En sentencia do 15 de novembro do 2004, o Xulgado de Primeira Instancia número 15 de Palma de Mallorca constatou que o perfil da consumidora era o dunha investidora conservadora e así lle constaba ó banco. Ademais, non foi ela quen se dirixiu ó banco solicitando o cambio de investimento, senón que o banco lle ofreceu o cambio de maneira intencionada para que investise no produto que máis lle interesaba á entidade grazas a unha información deficiente.
Esta omisión de información esencial sobre o produto financeiro era contraria á boa fe. Por todo iso, condenouse o banco a entregarlle á afectada a cantidade perdida de 5.284 euros máis xuros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI