Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un asegurado reclama a devolución de parte dunha póliza a todo risco

O ano pasado merquei un vehículo e asegureino a todo risco. Ós dous meses tiven un accidente co resultado de sinistro total. A compañía reintegroume o estipulado polo coche. O problema é que o seguro me custou uns 1.800 euros e teño "retidos" na compañía 1.250 euros, a parte proporcional do seguro non aproveitado. Eu agora quero recuperar os cartos, pero teño vehículo de empresa e non vou mercar outro coche. Como podo recuperar eses cartos? Dixéronme que as miñas opcións son asegurar outro coche ou que, cando o intente, a empresa non desexe facerse cargo e me reintegre a suma de diñeiro. Esas son as condicións. É legal? Que podo esixir?

 No caso presentado, a compañía aboou tralo sinistro a prima pactada e deu tamén a cobertura pactada do 100%, polo que as partes cumpriron coas súas obrigas. Polo tanto, carece de base o dereito a reclamar devolución de parte da prima, pois vulneraríase a equivalencia de contraprestacións entre as partes.

No Real Decreto 2486/1998, do 20 de novembro, polo que se aproba o regulamento de ordenación e supervisión dos seguros privados, dise que a prima responde ós principios de indivisibilidade, invariabilidade, suficiencia e equidade. Polo tanto, a prima do contrato de seguro é indivisible no que se refire ó período de tempo para o que foi calculada, neste caso, para un ano. Como a prima é indivisible, non se poderá esixir legalmente a devolución dunha parte, porque, unha vez pactada, a compañía afronta a totalidade do risco desde o primeiro momento. Ademais, tamén sería contraria á equivalencia de contraprestacións entre as partes. En conclusión, en casos coma o analizado só se lle podería esixir á aseguradora a devolución de parte da prima se así se pactou na póliza ou se se chegou a algún acordo nese ou noutro sentido semellante, como as opcións que ofrece a compañía en cuestión.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto