Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Para evitar conflitos e sustos coa factura convén solicitarlles ós talleres de reparación un orzamento previo
As avarías nos electrodomésticos son unha molestia que tarde ou cedo teñen os máis dos fogares. Por moi bo resultado que ofreza, nin o máis sofisticado de última xeración está libre de sufrilas. Nestes casos, o normal é acudir ós servizos de asistencia técnica (SAT), pero ás veces o desprazamento do técnico, o recambio das pezas estragadas e o prezo da man de obra poden supor unha contía considerable que non compensa a reparación. Velaquí algunhas claves para unha resolución satisfactoria.
Comprobe que a marca ten un adecuado servizo de asistencia técnica. Desconfíe da publicidade na que aparece un número de teléfono de tarificación adicional, é dicir, máis caro (os 803, 806, 807...) ou un móbil e non se indica un enderezo.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI