Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Conservación das costas españolas: Praias ameazadas

A man do ser humano deteriora a saúde dun dos motores económicos do país

  Un dos grandes activos de España é a súa costa, o seu turismo de praia. Os case 8.000 quilómetros de costa acollen a máis de 24 millóns de habitantes, preto do 60% da poboación, ó que cómpre engadir uns 50 millóns de turistas que gozan todos os anos dos atractivos que ofrece o litoral. O turismo representa o 11% do Produto Interior Bruto (PIB) e consolidouse como o primeiro sector da nosa economía. Agora ben, esta situación podería cambiar de modo dramático. Grupos ecoloxistas, científicos e institucións alertaron sobre a deterioración progresiva das costas españolas, afectadas por problemas graves de erosión, destrución do hábitat, contaminación da auga e esgotamento dos recursos.

O Ministerio de Medio Ambiente chegou a afirmar que, de seguir así, "o turismo de sol e praia ten os seus días contados". Desde a Dirección Xeral de Costas sinaláronse como causantes deste empeoramento tres axentes: un, o sector da construción, que chegou a urbanizar mesmo praias e dunas; dous, os encoros, que coa súa regulación dos ríos reducen os sedimentos achegados ás costas; e, tres, os portos, que alteran o equilibrio da liña costeira.

Ningún litoral en bo estado

Greenpeace, no seu informe "Destrución a toda costa 2004", denuncia que o desenvolvemento urbanístico atribuíble ó turismo non ten en conta a fraxilidade dos ecosistemas porque pon a costa ó seu servizo. Segundo esta organización, nin unha soa comunidade autónoma pode presumir de ofrecer unha costa en bo estado, se ben diferencia a comunidades como Cataluña, País Vasco e Asturias, que, na súa opinión, comezan a ser conscientes dos problemas que afectan ó litoral e procuran poñerlles remedio. Baleares, Canarias, Comunidade Valenciana, Murcia e Galicia seguirían explotando a súa costa sen se preocuparen polas consecuencias, e Greenpeace sitúa nun punto intermedio a Cantabria e Andalucía, onde, aseguran, se realizan tímidos esforzos de protección.

Un dos problemas máis graves é a erosión, que ten como consecuencia máis visible a desaparición das praias, pero tamén a destrución dos hábitats costeiros e os sistemas ecolóxicos relacionados, o que pon en perigo o futuro das poboacións que residen nestes contornos. A erosión altera, ademais, tanto as barreiras naturais contra o mar, como son as dunas, coma as artificiais construídas polo ser humano, algo que pode provocar, por exemplo, graves inundacións.

A gravidade da erosión

O problema da erosión non só afecta ó litoral español. A Comisión Europea (CE) chamou a atención sobre a erosión crecente das costas europeas a causa da actividade humana, constatada nun estudo realizado durante tres anos no litoral dos 25 estados membros da Unión Europea (UE). Segundo este informe, o 20% das costas europeas vese "gravemente afectado" por este fenómeno, que provoca unha regresión da liña de costa de entre medio metro e dous metros ó ano, aínda que nalgúns casos alcanza os quince metros.

 Entre as causas que se barallan no estudo atópase a propia construción de infraestruturas que deteñen ou modifican o depósito de sedimentos que chegan ó mar a través de ríos e torrentes, ou a extracción masiva de area nalgunhas zonas para a construción. Amais deste impacto directo causado pola man do home, a erosión costeira tamén se vería afectada polo aumento do nivel do mar e das treboadas e inundacións, que o informe relaciona co quecemento da atmosfera. No tocante a España, afírmase que existe unha degradación significativa que afecta ó 11,5% do litoral, cun grao "elevado" de erosión en praias de Andalucía, Cataluña, a Comunidade Valenciana, as Illas Baleares e Cantabria, mentres que o fenómeno sería "moderado" en Galicia, Asturias, País Vasco e Murcia.

Posibles solucións

Para frear este problema, o Ministerio de Medio Ambiente contempla unha serie de medidas, como a expropiación de áreas críticas implicadas en procesos erosivos para permitir a súa libre evolución, a creación de estruturas de defensa de costas, o desmantelamento de barreiras artificiais que impiden o transporte de sedimentos, a rexeneración de praias ou o mantemento dun ancho libre de 100 a 200 metros da fronte litoral, de xeito especial naqueles tramos máis delicados.

As institucións enfróntanse a unha situación moi delicada e a busca de solucións que satisfagan tanto ás propias necesidades humanas coma á conservación do medio ambiente é unha tarefa complicada. Entre os posibles xeitos de actuar, o Ministerio apuntaba nun informe ó "turismo sostible", que implicaría a planificación a longo prazo dunha industria turística e inmobiliaria que non busque o beneficio inmediato a costa da explotación desmedida dos recursos naturais.

A lexislación protexe as costas?

A Lei de Costas de 1988 regula na actualidade o espazo da costa española, que recibe a consideración de dominio público propiedade do Estado e está suxeita a un réxime xurídico especial, de Dereito Administrativo, que establece unha serie de facultades a favor da Administración para a súa protección e conservación. Esta norma supuxo un cambio radical fronte á anterior lexislación, de 1969, por contar cun enfoque máis proteccionista para a natureza.

A pesar desta boa vontade, os grupos ecoloxistas denunciaron os incumprimentos sistemáticos da Lei de Costas, e en datas máis recentes, as modificacións que o Ministerio de Medio Ambiente presentou a finais do 2002, dentro da Lei de Acompañamento dos Orzamentos Xerais.

Organizacións como Greenpeace e WWF/Adena criticaron que se introduciran variacións substanciais que favorecen os movementos especulativos e que poderían vulnerar nalgúns casos os principios esixidos pola UE "ó máis puro estilo Benidorm anos sesenta". Por exemplo, salientan que o Estado deberá autorizar a ocupación do dominio público sempre que así o prevea un deseño urbanístico, xusto o contrario ó que dicía a Lei de Costas.

Ademais, recórtanse os prazos a 12 meses para que o Estado actúe contra infraccións e ocupacións ilegais, o que supón que, transcorrido este tempo, non haberá xa sancións. Tamén se autorizan construcións, sempre "que exista un conxunto de edificacións situadas a distancia inferior a 20 metros desde o límite interior da ribeira do mar, que manteña a aliñación preestablecida polo deseño urbanístico". As competencias das comunidades autónomas quedarían reducidas, o que facilita -na opinión dos grupos ecoloxistas- a realización de obras.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto