Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Barebones e Mini-Pc: Pequeno grande ordenador

Ordenadores para o salón: baratos, compactos, atraentes, silandeiros e coa potencia xusta

  A imaxe clásica do ordenador vincúlase a unha gran caixa gris e ruidosa. O común dos usuarios persegue na compra do ordenador unha máquina potente dotada de todas as prestacións posibles, sen reparar demasiado na estética nin en que ó final lle sobre a metade de todo polo que paga.

Agora ben, estase abrindo paso outro concepto de ordenador, moito máis pequeno, estilizado e acorde coas necesidades máis habituais. Os barebones son sistemas básicos -a caixa, a placa base e a fonte de alimentación- sobre os que se pode construír un ordenador completo adaptado a cada necesidade. Pero o termo barebone tamén se aplica ós 'Mini-Pc': ordenadores máis pequenos (pero completos) e silandeiros que, se se renuncia a algo de potencia e prestacións, supoñen un considerable aforro de cartos.

Á medida

O baixo prezo dos 'minis' está relacionado coa súa configuración. A que vén por defecto adoita ser de 'gama baixa' no que respecta á potencia do procesador, capacidade do disco duro e memoria RAM. Pero é posible atopar equipos compactos moi ben dotados cun prezo que se achega e mesmo supera ó dos tradicionais. O que case todos comparten é un tamaño e peso que os converte case en portátiles (polo menos manexables dentro do fogar) e un coidado especial pola estética, o consumo e a xeración de ruído, para o que empregan caixas disipadoras de calor e sistemas de refrixeración alternativos (sen ventilador).

Os Mini-Pc empréganse como ordenador de sobremesa, para integrar noutros sistemas, para xogar sen ruído, para substituír o equipo de música... Depende do uso que lle vaia dar, o comprador deberá valorar en que compoñentes paga a pena realizar un maior esforzo económico (por exemplo, un maior disco duro se se van almacenar películas, ou potentes tarxetas gráficas e de son para xogos de última xeración) e de que extras non quere prescindir (gravador de CD, DVD, disqueteira, etc.). O importante é que existe unha alternativa ó ordenador clásico, que xa non é unha máquina que cumpra agachar por fea e ruidosa, e que non fai falla ter o PC máis potente do mercado co último en equipamento (co conseguinte desembolso) para dispor dun ordenador válido.

Para o salón

  Case ninguén se atrevería a colocar a 'caixa gris' (o PC) á vista no salón. Á parte dunha opción estética desaconsellable, un molesto zunido estaría presente de modo constante. Pero xa existen ordenadores que, amais de seren compactos e ultra-silandeiros, se asemellan a unha colorida cadea de música. Están deseñados para se conectaren ós equipos instalados no salón (a televisión, o DVD, outro ordenador, etc.) e se converteren no centro de entretemento para o fogar.

  Son capaces de substituír ou completar o vídeo, DVD ou o equipo de música, sen renunciar a outras posibilidades propias dun PC: navegar por Internet, consultar o correo electrónico, xogar ou reproducir e gravar música e películas en múltiples formatos (mp3, Divx ou calquera outro formato presente ou futuro). Ó coidado pola estética engaden a comodidade de uso, ben acompañados de mando a distancia, sintonizador do sinal de TV, panel de visualización para amosar información da música reproducida, lector de tarxetas de memoria (para ver directamente as fotos da cámara ou o vídeo dixital) e todo tipo de conexións.

Pequeno pero matón

  A comezos de ano, Apple lanzou o Mac Mini, un ordenador co que pretende achegarse a un maior público grazas ó seu baixo prezo (en España, a súa configuración máis básica, aínda que algo espartana, véndese por baixo dos 500 euros). O seu deseño, tamaño (16,5 x 16,5 x 5 cm, catro veces menor ca un PC 'pequeno') e peso (1,4 kg) son o seu grande atractivo. Ademais, non escatima conexións USB, Firewire, entrada de son, de tarxeta de rede e de módem, e vén equipado cunha unidade que pode ler e gravar CD e reproducir DVD.

  Claro que para convertelo nun verdadeiro ordenador cumprirá engadirlle, cando menos, teclado, rato e monitor, á marxe de que se necesite ampliar a escasa memoria RAM. Un 'PC normal' coa mesma configuración custa entre 100 e 150 euros menos. Se cadra por iso Intel se apresurou a anunciar que porá á venda un ordenador de deseño e tamaño moi semellante ó Mac Mini.

  Existen outras moitas empresas coñecidas pola fabricación de barebones ou compoñentes esenciais para ordenadores compactos, como Shuttle (www.shuttle.com), Austek (www.asus.com) ou Soekris (www.soekris.com). Destacan neste campo as placas Mini-ITX EPIA de VIA Technologies (www.via.com.tw). O formato Mini-ITX integra nun espazo reducido (17 x 17 cm) e silencioso (sen partes móbiles nin ventiladores porque están refrixeradas por un disipador térmico) unha placa base con tarxetas gráfica, de son e de rede, conectores de portos (USB, FireWire e serie) e ata o procesador principal. É a plataforma ideal para construír, engadindo fonte de alimentación, memoria RAM e disco duro, un mini-PC de baixo custo.

 Aínda que os Mini-Pc completamente equipados tamén se coñecen como barebone, o termo orixinal (en inglés significa 'esmirrado' se se aplica a unha persoa) fai referencia a un ordenador que só inclúe a caixa, a placa base e ás veces a fonte de alimentación. Polo tanto, so barebones poden ser pequenos, pero non teñen por que. Se a placa base integra o procesador (como nas EPIA), para completar o ordenador só fai falla adquirir algún dispositivo de almacenamento (como o disco duro) e memoria RAM, á marxe dos periféricos necesarios. Así, o usuario pode construír un PC á medida, segundo as súas necesidades, pero ademais os barebones son a solución ideal para aproveitar os compoñentes do ordenador vello cando se quere adquirir un novo.

 Mini ITX
www.mini-itx.comCompleta información (en inglés) sobre todo o relacionado co formato Mini ITX, unha placa base barata de reducidas dimensións cunha potencia abonda para ver películas a pantalla completa no monitor ou a través da súa saída TV.

  Elixir o PC
www.ibertronica.es Consellos e solucións en función das necesidades do usuario nesta tenda de compoñentes e ordenadores, con presenza destacada para os PC 'compactos' (de salón, Shuttle XPC, equipos VIA Mini-ITX e outros barebones).

  Ordenador silandeiro
www.silent.se Silent PC é un sitio web dedicado a investigar o aspecto acústico da informática, con solucións (equipos e

Barebone: constrúao vostede mesmo

 Aínda que os Mini-Pc completamente equipados tamén se coñecen como barebone, o termo orixinal (en inglés significa 'esmirrado' se se aplica a unha persoa) fai referencia a un ordenador que só inclúe a caixa, a placa base e ás veces a fonte de alimentación. Polo tanto, so barebones poden ser pequenos, pero non teñen por que. Se a placa base integra o procesador (como nas EPIA), para completar o ordenador só fai falla adquirir algún dispositivo de almacenamento (como o disco duro) e memoria RAM, á marxe dos periféricos necesarios. Así, o usuario pode construír un PC á medida, segundo as súas necesidades, pero ademais os barebones son a solución ideal para aproveitar os compoñentes do ordenador vello cando se quere adquirir un novo.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (125 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto