Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O rendemento de quen se enfronta a unha proba é moito maior
O medo ós exames non é irracional, pero o tamaño deste medo si pode selo. O reto de se enfrontar a unha proba nunha situación na que alguén se xoga en maior ou menor medida o seu futuro require concentración máxima. Xa que logo, certo grao de tensión é positivo, pois serve para manter activas as facultades intelectuais, físicas e emocionais, amais de mellorar o rendemento. O problema aparece cando a tensión se torna en ansiedade e a persoa se deixa vencer pola conciencia de que algo transcendente vai acontecer e non ten a seguridade de estar ben preparada. Sucédense pensamentos que cobran forza, como a posibilidade de que non se faga xustiza, o temor ás reprimendas ou ó ridículo e o medo a non lograr as metas propostas no prazo previsto. Esta conciencia pasa a ocupar un primeiro plano na nosa mente e pasa por diante dos coñecementos que se deben probar. O exame convértese así nun momento ameazante, que se vive antes, durante e despois como algo insuperable e perigoso, e ó que se lle outorga unha importancia esaxerada.
Tanto se se sofre a ansiedade de maneira anticipada, é dicir, no momento do estudo previo, ou durante o exame, un episodio ou situación de ansiedade identifícase:
No rendemento intelectual: córrese o risco real de sufrir dificultades para entender as preguntas, de sentir bloqueos da memoria e incapacidade para lembrar coñecementos que se posúen. Durante minutos sucédese toda clase de pensamentos negativos: "non me vai dar tempo", "non son quen de estudalo todo", "teño menos capacidade ca outros", "vou suspender seguro", "eu non sirvo para isto", "que ben viven os que non teñen que estudar", "eu non dou acabado esta carreira", "vou facer o ridículo"..., ideas que se potencian na mente da persoa afectada.Nas persoas que presentan ansiedade existe unha predisposición a manifestar respostas de angustia en situacións nas que son ou se senten avaliadas. Agora ben, pode acontecer que un estudante non experimentara antes esta sensación e que nun determinado momento se vexa superado polas circunstancias.
As máis das veces, a orixe desa ansiedade débese a:
En calquera caso, cómpre salientar, unha vez máis, que o que máis tranquilidade lle proporciona a un estudante é ter ben preparado o exame.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI