Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Residencias de anciáns: Segue habendo moi poucas e cada vez son máis caras

Tres de cada catro teñen listas de espera, unha de cada sete suspende en calidade e, en xeral, as públicas seguen a ser mellores e máis baratas

  Aínda que a lonxevidade da poboación española non deixa de aumentar (os maiores de 65 anos representan xa o 17% da poboación e estímase que dentro de 25 anos chegarán ó 24%, formando un colectivo de máis de 10 millóns de persoas), o número de residencias de anciáns segue a ser insuficiente: España conta só con 3,5 prazas en residencias por cada cen maiores de 65 anos, ou, nunha ratio máis significativa, unicamente 14 prazas por cada cen maiores de 80 anos. Pero non só é difícil atopar unha residencia, senón que ademais as súas tarifas están cada vez menos ó noso alcance. Esta revista informaba nunha investigación publicada en febreiro do 2000 que a cota mensual media dunha residencia pública para un residente válido -ou non dependente- en habitación compartida era, daquela en pesetas, de 720 euros. Hoxe, a tarifa para o mesmo suposto é de 956 euros, un 33% máis, cando o IPC nestes últimos anos subiu un 16,5%, xusto a metade. A pensión media de xubilación subiu un pouco máis este lustro: un 21,5%.

Ademais, algunhas residencias de anciáns teñen moito que mellorar: unha de cada sete suspende o exame de CONSUMER EROSKI, que cinco anos despois do seu primeiro informe ó respecto, volveu estudalas cunha metodoloxía semellante á empregada no 2000. En concreto, visitáronse 104 residencias cun mínimo de 15 hóspedes cada unha, e que aloxaban un total de 8.448 usuarios, localizadas en Madrid, Barcelona, Álava, Biscaia, Guipúscoa, Murcia, A Coruña, Valencia, Cádiz, Sevilla, Zaragoza, Málaga e Navarra. O obxectivo era comprobar (co grao de precisión que un estudo desta natureza pode proporcionar) a atención que lles dispensan ós seus usuarios, as infraestruturas das que dispoñen, o número de anciáns que lle corresponde a cada coidador, o grao de intimidade que pode ter cada residente, a atención médica de que dispoñen, os servizos que ofrecen (podoloxía, fisioterapia, rehabilitación, salón de peiteado...), amais da seguridade e limpeza das instalacións.

A primeira conclusión é que as residencias obteñen boa cualificación media, aínda que hai enormes diferenzas entre unhas e outras, mostra do cal é que o 14% das residencias suspenda o exame de CONSUMER EROSKI (no estudo do 2000 suspendeu o 16%). Ao igual que acontecía no informe publicado hai cinco anos, as residencias públicas revélanse máis económicas e obteñen unha mellor cualificación (7,3 puntos de media) cás privadas (6,9 puntos) e cás concertadas (7 puntos). E os suspensos son máis frecuentes entre as privadas (meréceo o 19% das estudadas) e concertadas (suspende o 16%) ca entre as públicas (só o 7%).

De todos os xeitos, o principal problema é o déficit de prazas: no 77% das residencias tiñan listas de espera, e nas públicas chegaban ao 93%. Logo dun repaso a todos os datos do informe, constátase que o punto máis débil das residencias son as súas infraestruturas -aínda que de media acadan un aceptable 6,5-, e son as privadas as que máis traballo teñen por diante: só no 46% destas hai baño completo nas habitacións, non chegan á metade as que dispoñen de camas articuladas e o 44% carece dunha sala de rehabilitación ben equipada. A atención asistencial aos residentes -que merece un 6,8 de nota media- tamén pode mellorar, especialmente na dotación de persoal: nas residencias privadas hai unha media de 3,7 anciáns por coidador, cifra que se dispara ata 6,3 maiores para cada coidador cando se trata de anciáns válidos. Non é raro que algúns residentes e os seus familiares se queixen da falta dun médico permanente nos centros: no 58% das residencias non o hai. Ademais, a especialidade do médico tampouco é a máis axeitada: só no 47% das residencias hai un xeriatra ou un internistas. Tamén deberían mellorar no servizo de comidas: só no 45% das residencias se pode elixir entre varios menús, e menos aínda (no 35%) nas privadas. Para rematar, as residencias con centro de día seguen a ser minorías: só o 31% ofrecen este servizo.

O máis positivo é o esforzo que realizan estes centros para se converteren nun segundo fogar para os anciáns residentes, para que se sintan coma na casa: permíteselles recibir visitas na habitación (faino o 86% das residencias) e ofrecerlles un refrixerio (76%), gardar as súas pertenzas persoais baixo chave (84%) e realizar as súas prácticas relixiosas (96%). Ademais, a maioría das residencias víronse limpas e mantéñense en bo estado de conservación. E, agás excepcións, as instalacións son amplas e luminosas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto