Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha paciente foi operada nunha clínica dunha hernia de disco. Trala operación e debido ás fortes dores que sufría foi operada de novo e apreciouse unha infección no espazo intervertebral afectado, polo que foi ingresada noutro centro, no que foi atendida e se lle deu a alta. Quedáronlle secuelas polas que se lle recoñeceu unha discapacidade do 50%.
Probado por informes forenses que os xermes foran inoculados no curso da primeira intervención, acudiu a xuízo civil contra a clínica e o cirurxián solicitando unha indemnización de 120.202 euros. Tras ser rexeitada a súa causa en primeira e segunda instancia, recorreu ó Supremo, que, en sentencia do 18 de marzo do 2004, afirmou que a intervención do cirurxián tiña como función mellorar o estado da paciente e, lonxe diso, esta sufriu unha infección, coa grave secuela da minusvalía.
Malia estar demostrada unha adecuada asepsia e a ausencia de neglixencia médica, existiu, segundo o Alto Tribunal, unha relación de causa-efecto entre a operación e a infección. Por iso, considerou que había responsabilidade médica. Así, estimou as pretensións do paciente e condenou a clínica e o cirurxián a indemnizar a paciente coa cantidade reclamada.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI