Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un propietario non quere pagar un ascensor

Teño un piso, que é un baixo (con altura dun primeiro) nun edificio sen ascensor. Estase estudando a posibilidade de instalalo. Para acceder á miña vivenda teño 13 chanzos e con este ascensor, que pararía en medio de cada piso, tería 8 chanzos. Ademais, a miña vivenda é a única que non posúe camarote. Non rexeito a instalación, pero si o pagamento da parte que me corresponda da factura, amparándome no artigo 11 da Lei de propiedade horizontal. Pódome negar a pagar esta factura? A proposta saíu dun veciño que alega ter unha minusvalía física. Podería negarme a pagar mesmo se ese veciño tivese un informe médico da súa minusvalía?

  A instalación de ascensor en edificios xa construídos require a adopción do acordo favorable de 3/5 de propietarios e cotas de participación, e obriga ó pagamento a todos os propietarios, incluídos os disidentes. Este é o criterio maioritario, que non unánime, dos tribunais.

Cando a instalación do ascensor suprime barreiras arquitectónicas para facilitar a integración das persoas con minusvalías, abonda co voto favorable da maioría simple de propietarios que representen a maioría das cotas de participación, aínda que modifique o título ou os estatutos. O acordo tamén vinculará a todos. Ademais, a obra é esixible e necesaria, polo que todos deben contribuír. Razóns de solidariedade e protección e integración dos minusválidos así o requiren. O Tribunal Supremo, xa en 1997, baseouse na Constitución cando se establece a función social da propiedade e se lles impón ós poderes públicos o amparo dos minusválidos, toda vez que o Estado español asumiu a Declaración de Dereitos das Persoas Discapacitadas, aprobada por resolución 3.447 de Nacións Unidas do 9 de decembro de 1975. Cando o propietario non dispón dun recoñecemento oficial da súa minusvalía, pero acredita as deficiencias de mobilidade, aplicaríase o mesmo.

De se cumpriren todas as formalidades legais, o propietario ou propietaria ten obriga de contribuír economicamente, pero, se non está conforme, pode impugnar o acordo. Unha opción podería ser a de negociar coa Xunta unha redución da contribución. Doutra banda, é recomendable acudir a un avogado e informarse da posibilidade de obter subvencións públicas para a instalación.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto