Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A inmobiliaria cobra comisións abusivas

Puxemos unha vivenda á venda a través dunha inmobiliaria, pero ó final non a puidemos vender. Esta vivenda xa tiña unha compradora que dera un sinal de 3.000 euros. Sabemos que debemos compensala co dobre do sinal que deu, pero a inmobiliaria tamén quere recibir unha indemnización de 5.000 euros, 3.000 da comisión da parte vendedora, nós, e 2.000 da parte compradora. É iso legal? A vivenda puxérase á venda por 63.000 euros, dos cales nós ganariamos 60.000 e a axencia outros 3.000.

  O contrato que vincula o Axente da Propiedade Inmobiliaria (API) co propietario-vendedor do inmoble concrétase no encargo, verbal ou por folla de encargo, da venda do inmoble. As partes son o API e o vendedor, que paga os honorarios do API, unha porcentaxe do prezo pactado no contrato de compravenda. De xeito que o único obrigado ó pagamento da comisión é o vendedor.

Se finalmente non se consuma a compravenda, malia haber un contrato privado asinado, o API conserva o seu dereito a cobrar a comisión acordada, dado que é alleo á formalidade do comprador e vendedor á hora do cumprir o pactado no contrato, non sendo que o incumprimento sexa imputable ó propio API. No seu caso, como a suspensión da venda se debe a causa allea ó API, este último conserva o seu dereito a honorarios. Se se pactaron 3.000 euros de comisión, esta debería ser a cantidade reclamada ó vendedor. Ningunha cantidade máis debe serlle reclamada ó vendedor, e moito menos ó comprador. A posición do API reclamando dous mil euros máis dos acordados é contraria á boa fe e está carente de xustificación.

Sería conveniente acudir ó Colexio Profesional de API da provincia e solicitar información relativa ó axente da inmobiliaria, se está ou non colexiado e cal é a comisión que lles aconsellan aplicar ós seus colexiados. De esta comisión ser inferior a 3.000 euros, pode intentarse chegar a un acordo para aboar o importe recomendado polo Colexio. Unha Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC) podería mediar entre as partes. No tocante ó comprador, débenlle devolver so os 3.000 euros recibidos, e duplicados se así consta no contrato (pódese comprobar levando o contrato á OMIC ou a un avogado). No momento de efectuar os pagamentos, é fundamental solicitar recibo asinado coa expresión de non quedar nada que reclamar entre as partes.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto