Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Ofimática: Os outros 'office'

Existen varias alternativas a Microsoft Office, algunhas completamente gratuítas

Máis do 90% dos ordenadores persoais utiliza o 'paquete ofimático' (procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, etc.) de Microsoft. Agora ben, hai media ducia de alternativas reais, por prestacións e compatibilidade. É certo que ningunha alcanza o conxunto de aplicacións ofrecidas en Microsoft Office (MS Office), ben acabadas, intuitivas e integradas en si, pero representan unha opción moito máis barata. De feito, existen polo menos dous paquetes de ofimática completamente gratuítos: EasyOffice e OpenOffice.

En primeiro lugar, convén desterrar a idea de 'canto máis mellor', tanto no hardware (o PC máis potente con todo o equipamento posible) coma no software (sempre a última versión do programa de moda). As ferramentas que non se empregan non son máis ca unha molestia que ocupa espazo e recursos do sistema e que case sempre custan cartos.

  MS Office vén cargado de aplicacións, pero algunhas delas o usuario medio nunca as vai utilizar nin saber para que serven nun uso doméstico. Os seus programas máis coñecidos son o procesador de textos (Word), a folla de cálculo (Excel) e o xestor de correo electrónico (Outlook). Pero se non se dan instrucións en contra, a instalación colocará ademais un programa para presentacións gráficas (Power Point), bases de datos (Access), un editor para facer páxinas web (Front Page) e programas para empresas (como Publisher ou Project).

Se non se precisan, é mellor non instalalos ou acudir a programas específicos (só o procesador de textos, por exemplo). Se se vai recorrer de xeito efectivo á maioría das aplicacións, paga a pena (polo menos a quen estea preocupado pola saúde do seu peto) botarlles unha ollada a outras alternativas menos onerosas ou mesmo gratuítas. As últimas versións de MS Office custan preto de 600 euros, máis se se trata da 'edición profesional'. Ese é o prezo por licencia de uso (por cada usuario), polo que unha empresa que precise un cento de licencias deberá facer un notable investimento.

Alternativas libres

EasyOffice, de e-press, é un conxunto de aplicacións compatible con MS Office que se pode descargar gratuitamente (30 euros se se adquire o CD-ROM). Ofrece unha vintena de programas, desde o procesador de texto (EasyWord, que se pode descargar de xeito independente e que só ocupa 4 MB) ata programas para correo electrónico, gráficos, HTML, bases de datos ou presentacións.

Pero, sen dúbida, a aplicación gratuíta e libre máis popular (con máis de 15 millóns de descargas) é OpenOffice. Non custa un euro instalala, utilizala nin actualizala. Nin sequera require rexistro. Inclúe procesador de textos e editor de páxinas web (Writer), folla de cálculo (Calc), módulo de debuxo (Draw) e presentacións (Impress). Está dispoñible en máis de 30 idiomas e funciona en Solaris, Linux, Mac e tamén en Windows: abre e edita a maioría de documentos de Word, Excel ou PowerPoint, coa única limitación dos 'macros' (non funcionan en OpenOffice, aínda que se manteñen no documento e se poden editar de novo en MS Office).

Sun Microsystems, principal artífice do proxecto xunto cunha comunidade de voluntarios, ofrece unha versión comercial, StarOffice (80 euros), baseada no mesmo código e con algúns elementos máis, como tesauros en varios idiomas, imaxes predeseñadas e, sobre todo, o soporte técnico de Sun. Ó igual ca OpenOffice, StarOffice está creada con estándares abertos, é fácil de utilizar e o seu aspecto non difire moito de MS Office.

Alternativas económicas

Amais de StarOffice, pódense adquirir outros programas de ofimática cun considerable aforro respecto a MS Office. A 602PC Suite de Software 602, por exemplo, custa un 90% menos e ofrece o seu propio procesador de textos e folla de cálculo, compatibles con Word e Excel, amais de exportar documentos a PDF, organizar e editar imaxes ou compartir documentos online. A propia Microsoft ten unha versión económica de Office (Microsoft Works), cos mesmos programas pero con prestacións menos avanzadas.

Por uns poucos cartos máis, Corel WordPerfect Office é unha aplicación moi avanzada, de gran compatibilidade e con todo o esixible a un paquete de ofimática (agás, quizais, aplicacións gráficas e correo electrónico). Por máis ou menos o mesmo prezo (arredor de 300 euros), IBM comercializa a Lotus Smartsuite, tamén compatible con documentos de MS Office e doutros programas, especialmente interesante para as empresas que traballan con Lotus Notes (programa de mensaxería, correo electrónico, axenda, etc.). Os usuarios de Mac contan con versións de MS Office, amais dos programas propios AppelWorks e iWork. Tamén poden probar NeoOffice, a versión de OpenOffice para o sistema operativo Mac OSX.

En realidade, a única gran vantaxe de MS Office sobre outros produtos semellantes é que todo o mundo o utiliza e, polo tanto, nunca se presentan problemas de compatibilidade para compartir arquivos (o mellor para evitar tales problemas cos documentos de texto é empregar o formato RTF, Rich Text Format, que todos aceptan, ou o PDF).

Os PC parvos ou Network Computer (ordenador de rede) sufriron altibaixos desde hai décadas. A idea baséase nun ordenador sen disco duro, pouca memoria e un procesador de gama baixa, que pode traballar conectado a unha rede, empregando os recursos dun potente ordenador remoto. Coa chegada de Internet, o concepto volveu tomar forma: un terminal parvo (moi barato, polo tanto) funcionaría con aplicacións instaladas nun servidor situado lonxe. Así e todo, camiñouse en sentido oposto, e só algunhas empresas traballan con este tipo de terminais que 'tiran' dun ordenador central ou mainframe.

Oracle, Microsoft, Intel e finalmente Sun apostaron sen éxito polos Network PC. O último grande envite, o Corel Office para Java, co seu procesador de textos (WordPerfect), base de datos, presentacións, etc., esmoreceu. A idea non é tan parva coma os PC: o usuario conta cunha oficina virtual, con todas as súas aplicacións accesibles desde calquera posto desde o que se conecte.

 OpenOffice
http://es.openoffice.org

Desde o sitio en castelán de OpenOffice.org pódese descargar a última "versión estable" (2.0) desta suite ofimática libre e gratis, e mais acceder ós sitios en galego e catalán. En vasco (http://eu.openoffice.org/) está dispoñible só ata a versión 1.1.

  EasyOffice
www.e-press.com

Compatible con Microsoft Office, EasyOffice ofrece completamente gratis todas as aplicacións ofimáticas máis empregadas. Existe unha versión que en parte está en castelán, con dicionario e corrector, pero cos menús en inglés. Os usuarios de Linux poden probar KOffice (www.koffice.org).

  Alternativas libres
alts.homelinux.net

No apartado de ofimática hai dispoñibles 52 alternativas non comerciais ós programas de oficina máis populares.

ENLACES

OpenOffice
http://es.openoffice.org

StarOffice
http://es.sun.com/software/staroffice/

602 PC Suite
www.software602.com/products/pcs

Lotus SmartSuite
www-306.ibm.com/software/es/applications

WordPerfect Office Family
www.wordperfect.com

NeoOffice
www.neooffice.org

AppleWorks
www.apple.com/appleworks

iWork
www.apple.com/iwork

MS Office
www.microsoft.com/spain/office


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (90 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto