Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Taxis: Información ó usuario e comodidade do vehículo, o máis mellorable

A satisfactoria profesionalidade dos taxistas e as salientables diferenzas de tarifas nas 13 cidades, outras conclusións importantes

  É normalmente o concello quen fixa o número de licencias de taxi que se conceden en cada municipio e as tarifas que se aplican, amais doutros aspectos que regulan o seu funcionamento e garanten a calidade do servizo. É de supor que estas medidas buscan o equilibrio entre a esixencia dos cidadáns dun transporte eficaz e a necesidade dos taxistas de acadar unha rendibilidade abonda na súa actividade profesional.

Co fin de estudar a calidade do servizo e as tarifas dos taxis españois, CONSUMER EROSKI realizou unha investigación sobre o terreo en 13 cidades: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Bilbao, A Coruña, Alacante, Pamplona, Vitoria, San Sebastián, Murcia e Oviedo.

A principal conclusión é que o servizo do taxi debe mellorar fundamentalmente en dúas cousas: unha, a información que se lles ofrece ós usuarios, deficiente sobre todo na exhibición das tarifas; e, dúas, na comodidade e limpeza dos vehículos, que en demasiados casos distaba de ser a axeitada para unha viaxe agradable. O mellor foi a profesionalidade dos taxistas, cunha conduta e actitude maioritariamente moi boa.

O peor foi a información facilitada ós usuarios, aspecto no cal un 31% dos taxis que se incluíron no estudo suspenderon. As deficiencias máis habituais foron de non ofrecer información sobre as tarifas, non ter nun lugar ben visible o taxímetro e a non exposición de datos sobre a identidade do taxista.

En limpeza e comodidade do vehículo, un de cada cinco taxis estudados suspenderon a proba (por estaren porcos, pareceren pouco coidados ou resultaren incómodos). A profesionalidade dos taxistas foi o mellor: a metade dos estudados mereceron unha nota excelente, se ben un de cada dez suspendeu neste apartado crucial. Os motivos? Os máis relevantes foron tres: baixar a bandeira antes de que o usuario lle comunicase o destino ó taxista, os excesos de velocidade e a tan coñecida coma temida argucia de facer un traxecto máis longo do necesario para chegar ó destino solicitado polo cliente. No tocante ós prezos, non é sinxelo comprender o porqué das avultadas diferenzas entre unhas e outras cidades nun servizo que, en principio, é semellante en todas elas. Na maioría das localidades aplícase a "baixada de bandeira" (agás en Pamplona e en San Sebastián). A tarifa móvese entre 1,02 euros (Sevilla) e 1,30 euros. Nese tramo sitúanse as baixadas de bandeira dos taxis da Coruña, Málaga, Alacante, Valencia, Oviedo e Barcelona. En Bilbao e Madrid cobran 1,6 euros, pero en Vitoria, a baixada supón 3,14 euros, se ben inclúe os dous primeiros quilómetros e unha espera de 5 minutos.

A carreira mínima (ou gasto mínimo que comporta montar nun taxi) rexe en dez das trece cidades; a excepción está en Vitoria, Barcelona e Madrid, que, en beneficio do usuario, non esixen un gasto mínimo. Pero tamén nesta carreira mínima hai salientables diferenzas: en San Sebastián custa 3,49 euros (laborables, horario diúrno), mentres que en Sevilla, na Coruña, en Alacante, en Oviedo, en Valencia e en Pamplona ese gasto mínimo queda entre os 2,8 e os 3 euros. En Bilbao, para rematar, significa pagar 3,15 euros.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto