Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor sufriu no seu domicilio un corte da subministración de enerxía eléctrica. Segundo a compañía eléctrica, debeuse ó non pagamento dun recibo, algo que negaba o usuario, que pagara correctamente a factura en prazo mediante ingreso bancario. Por esta razón, denunciou a compañía por vía administrativa. Sancionada cunha multa de 1.352 euros, a compañía eléctrica recorreu ata chegar ó Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Este, en sentencia do 30 de xaneiro do 2004, ratificou a multa imposta, xa que no expediente quedou acreditado documentalmente o ingreso bancario en prazo polo usuario. Rexeitou o argumento da compañía de que a ela non lle constaba o pagamento por unha defectuosa comunicación coa entidade bancaria, xa que, aínda que así fose, iso non podía repercutir en prexuízo do consumidor, como establece con claridade a Lei xeral de defensa do consumidor e usuario. Así, segundo o tribunal, produciuse unha deficiente e irregular prestación do servizo sen causa ningunha que o xustificase e en ningún caso imputable ó usuario.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI