Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A concesionaria dunha autoestrada non asume a reparación dun vehículo accidentado

 Unha condutora sufriu o impacto contra un animal mentres circulaba pola autoestrada, o que a obrigou a realizar reparacións por importe de 1.232 euros. A afectada considerou que os danos padecidos eran responsabilidade da empresa concesionaria da autoestrada por incumprir as súas obrigas de coidado e vixilancia, pero esta negou vinculación ningunha, polo que a compañía de seguros da usuaria a demandou. A Audiencia Provincial de Logroño, en sentencia do 16 de marzo do 2004, fallou a favor da demandante e argüíu que a Lei lles esixe a estas empresas o cumprimento dunhas rigorosas obrigas. Salientaba que as autoestradas son vías de circulación nas que son precisas as máximas medidas de seguridade e os seus usuarios realizan un contrato atípico de uso dela. Se a concesionaria non cumpre con estas obrigas, está obrigada a indemnizalos de conformidade ó artigo 1.104 do Código Civil. E engadía que o usuario é o destinatario final dun servizo prestado pola concesionaria, e que neste caso é aplicable a Lei para a defensa dos consumidores e usuarios, que prevé a responsabilidade civil de quen presta o servizo. Por todo isto, condenou a concesionaria a pagar a reparación do vehículo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto