Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Cláusula abusiva no contrato dun teléfono móbil

 Un consumidor sufriu o roubo do seu móbil e acudiu ó establecemento onde contratara o servizo de telefonía. Aconsellado polos empregados, mercou un novo terminal e contratou unha nova liña e, dous días despois, deu de baixa a liña anterior. No seu novo contrato había unha cláusula que penalizaba con 302 euros a baixa doutra liña contratada coa compañía, neste caso a do teléfono roubado. A compañía de comunicacións esixiulle ó consumidor o pagamento da penalización de 302 euros, ó que este se negou, e o asunto chegou ós tribunais. A Audiencia de Barcelona, en sentencia do 19 de febreiro do 2004, desestimou as pretensións da empresa e cualificou a devandita cláusula como abusiva, é dicir, como unha cláusula que, en contra das esixencias da boa fe, causa un desequilibrio importante e inxustificado das obrigas contractuais en detrimento do consumidor. A Audiencia engadiu que a empresa tampouco acreditou que os seus empregados ofreceran outra alternativa á xa referida. Amais de desestimar a reclamación da empresa, condenouna a pagar as custas do xuízo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto