Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A construtora non asume os estragos

Somos unha comunidade de propietarios bastante novos. As nosas vivendas son novas (ano e medio) e teñen baldosas rotas, o chan do garaxe sen pulir e un longo etcétera de danos. Mandámoslle moitas cartas á construtora e a súa última resposta é que tales arranxos non procedían. E así quedamos. A nosa pregunta é: son cousas que lle atinxen á construtora?; onde temos que ir reclamar?; se contratamos un avogado, correrá da nosa conta?

 A Lei de Ordenación da Edificación di que o construtor responderá dos danos materiais por defectos de execución que afecten a elementos de terminación ou acabado das obras dentro do prazo dun ano. Outros defectos de maior entidade, vinculados coa habitabilidade e/ou seguridade estrutural do edificio, son responsabilidade solidaria de todos os axentes participantes na edificación, desde o construtor ata o promotor, pasando tamén por arquitectos e aparelladores. Para acudir a xuízo deben estar en prazo: os defectos tiveron que xurdir neste prazo anual e hai que acudir a xuízo antes de que prescriba o prazo de dous anos a contar desde que detectaron os defectos. Neste caso, o presidente ou o administrador debe enviar un burofax certificado con xustificante de recibimento á construtora, solicitando nel a reparación dos defectos e o debido remate do edificio e das súas instalacións. No burofax tamén cómpre advertir de que se non se obtén en breve un compromiso escrito, se acudirá ós Tribunais. Ademais, hai que se pór en contacto mediante escrito fidedigno -carta certificada con xustificante de recibimento- co promotor-vendedor. Por facilitar as xestións, convén convocar unha Xunta Extraordinaria de Propietarios e incluír na orde do día a autorización ó presidente para que outorgue poderes para preitos a favor de avogado e procurador. Neste caso, os honorarios correrán da conta da comunidade, polo que convén solicitar orzamento por escrito. Se a demanda é estimada na súa totalidade, condénase de modo xeral a que o demandado aboe as custas do xuízo, que poden cubrir estes honorarios, aínda que non sempre abrangue o seu 100%. É probable que se necesite o informe dun perito que acredite a existencia dos defectos e danos causados, polo que convén tamén solicitar un orzamento orientativo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto