Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A angustia do 'overbooking'

Dispúñame a viaxar a Caracas desde Madrid e, aínda que estaba no aeroporto con tres horas de antelación, vinme afectado polo overbooking. Expliquei que me urxía ir a Caracas porque a miña filla estaba hospitalizada, pero, aínda así, negáronme o embarque. A indemnización ofrecida non me pareceu abonda e, ademais, no voo de regreso Caracas-Madrid (voo directo) fíxose escala en Santo Domingo para recoller máis pasaxeiros e acumulamos un retardo de tres horas. Interésame saber que podo facer.

 É habitual que as compañías aéreas vendan máis billetes ca número de prazas dispoñibles (overbooking). O pasaxeiro afectado pode esixir a devolución do prezo do billete ou embarcar no seguinte voo con prazas dispoñibles e recibir unha indemnización. O seu importe subiu coa entrada en vigor en febreiro deste ano do Regulamento Europeo 261/2004, no que se fixan 600 euros para un voo de máis de 3.500 quilómetros. Agora ben, por razóns de temporalidade, a aplicable neste caso será a anterior, que establece unha indemnización de 300 euros en voos de máis de 3.500 quilómetros, amais de que a compañía asuma a hospedaxe e manutención.

Neste caso o lector considera a posibilidade de solicitar unha indemnización superior debido ó dano moral padecido. Para iso debe conservar toda a documentación da viaxe e dirixirse por escrito de modo fidedigno -carta certificada con xustificante de recibimento- á compañía, reclamando unha cantidade concreta de diñeiro polo dano moral e angustia padecidos. Cómpre axuntar unha copia desa documentación e, de ser posible, da que acredite o motivo da urxencia (o ingreso da filla). Pódese intentar efectuar unha reclamación extraxudicial mediante unha OMIC e, de non prosperar, cumpriría acudir ós tribunais mediante un xuízo verbal para o que non é preceptiva a intervención de avogado e procurador, sempre e cando a reclamación sexa inferior ós 900 euros. No tocante a como reclamar polo retardo debido a unha escala non programada e sen suficiente xustificación, no mesmo escrito pódese solicitar unha explicación da escala e do conseguinte retardo, e unha indemnización engadida por esta demora, probablemente inxustificable e só atribuíble ó propio interese da compañía. Agora ben, débense acreditar os danos patrimoniais concretos que lle produciu este segundo atraso.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto