Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Humidades: Prevención, revisión e diagnóstico, puntos clave

A observación atenta e a precaución poden evitar serios problemas

  Son moitos os fogares que conviven coa humidade, un incómodo inimigo que provoca sensación de frío, propicia a aparición de mofos, ácaros, manchas nas tapicerías e que pode chegar a lles causar problemas respiratorios ós habitantes da casa. Se non se tratan debidamente, as humidades van a máis e pódense converter nun problema moi serio que ocasione danos na construción e, en consecuencia, a deterioración na seguridade da vivenda. A súa eliminación é cousa do especialista; a súa prevención e localización correspóndelle a quen habita a vivenda.

Buscando as causas

  • A humidade pode ser provocada pola perda de auga dun cano ou por unha mala drenaxe de fiestras e portas.
  • A porosidade dos chans de sotos ou doutras construcións de baixo nivel é responsable de humidades que soben desde o chan cara ó interior dunha vivenda.
  • A condensación tamén causa humidades interiores, así como as fendas na cachotería.
  • Coidado cos golpes ocasionais que reciben portas e fiestras. Poden producir unha caída do recebo de arredor dos marcos. Por estes espazos pódese filtrar humidade. Encha os ocos con masilla resistente á auga.
  • Revise unha vez ó ano o correcto funcionamento das canles, as baixantes de evacuación e o estado de impermeabilización dos muros. Non descoide tampouco o grao de limpeza da rede de drenaxe e evacuación e as posibles fisuras e fendas do chan. Non esqueza a limpeza e o correcto funcionamento dos desaugadoiros (sumidoiros, canlóns e rebordadoiros) da cuberta.
  • Comprobe cada tres anos se se abriron fisuras, deformacións, etc., na fachada e o estado de conservación do tellado (tellas, cambios de inclinación, etc.).

Como detectar o problema

 

  • Comprobe se se trata ou non dun problema de condensación pegando con cinta adhesiva un cacho de papel de aluminio sobre a parede afectada. Se aparece bafo na cara visible do aluminio, hai condensación.
  • As filtracións por chuvia que afectan o interior da vivenda maniféstanse a xeito de manchas perfectamente delimitadas que medran co aumento das precipitacións.
  • Un dos síntomas de humidade exterior é a aparición de eflorescencias brancas na fachada. O mofo, o musgo ou as fendas tamén son indicio de humidade.
  • Se a súa parede presenta, tanto por fóra coma por dentro, manchas brancas de salitre, o seu problema é a humidade ascensional (chamada así porque sobe pola parede desde o chan). Se non o trata, co tempo pode aparecer musgo no exterior, mentres que no interior a pintura irá escachando e a parede se irá enchendo de mofo.
  • As chamadas humidades accidentais proveñen de fugas nos condutos de auga (rotura dun cano, mal selado dunha xunta, etc.). Maniféstanse sobre a parede ou o teito afectado a xeito de auréolas concéntricas que se van facendo máis grandes a medida que a auga se acumula.
  • A auga empregada para mesturar os materiais utilizados na construcción (formigón, xeso, morteiro, etc.) adoita exsudar cara á superficie provocando lixeiras humidades que aparecen, indistintamente, en chans, paredes, teitos, etc.

Como combater a condensación

  • Emita menos vapor de auga.
  • Manteña a temperatura da auga quente a menos de 50º C.
  • Cociñe sempre coas potas tapadas.
  • Sempre que sexa posible, seque a roupa no exterior da súa vivenda.
  • Peche as portas das estancias máis húmidas, sobre todo cociña e baño.
  • Evite o funcionamento continuado de aparellos de combustión sen evacuación, sobre todo as estufas catalíticas.
  • Na cociña e no baño, procure conducir os vapores cara ó exterior mediante extractores.
  • Aumente a temperatura das paredes frías.
  • Evite as portas e ventás metálicas.
  • Instale dobre cristal nas fiestras.
  • Mellore o illamento exterior das paredes e elimine as pontes térmicas.
  • Utilice un deshumidificador, mellor se é eléctrico.
  • Asegure unha boa ventilación. Abra todos os días as ventás durante dez minutos. Dará reducido a porcentaxe de humidade relativa do aire do interior.
  • Separe os armarios e librerías das paredes frías. Os armarios arrimados a paredes exteriores proporcionan un espazo restrinxido onde se pode producir a condensación.

Mans á obra

  • Ante o primeiro síntoma de humidade, busque axiña o método adecuado para solucionalo e, deseguido, impermeabilice en superficie para evitar que se repita. Non deixe que o problema medre.
  • Repare as fendas, por mínimas que sexan, así que aparezan. É posible que detrás haxa un cano da auga que co tempo poida ter filtracións que pasarán á fenda e posteriormente a toda a parede.
  • Repare canto antes as filtracións producidas pola chuvia ou pola neve. Pola contra, a humidade acabarase convertendo nun continuo goteo.
  • Non intente impermeabilizar unha superficie sen secar antes a mancha de humidade.
  • Para secar a mancha de humidade debe quentar a habitación de modo constante durante varios días.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto