Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Abril 2005

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Seguridade nos parques infantís: O déficit en seguridade segue a ser preocupante, pero a situación mellorou

Dous de cada dez aparellos de xogo presentan defectos graves que comprometen a seguridade dos nenos

 Para estudar a seguridade dos parques infantís de uso público ós que os nosos fillos acoden a xogar, técnicos de CONSUMER EROSKI analizaron 520 aparellos de xogo de 130 zonas públicas de xogo infantil nas cidades de Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga, Murcia, Bilbao, A Coruña, Pamplona, Vitoria, Almería, San Sebastián, Cádiz e Alacante. En total, valorouse a seguridade de 151 oscilantes, 114 randeeiras, 112 estruturas multixogos, 78 tobogáns e 65 balancíns. A metade destas zonas infantís atopábanse no centro das cidades e a outra na periferia ou en barrios non céntricos.

Os parques infantís e as áreas de lecer das nosas cidades convertéronse en lugares de encontro cotiáns nos que os cativos se divirten, adquiren destreza motriz e cultivan diversas habilidades. Non obstante, calquera cidadán pode comprobar que o mantemento e estado de conservación de moitos parques infantís é manifestamente mellorable. Pintadas, lixo e elementos arrincados, rotos ou queimados convertéronse en algo habitual nalgunhas zonas de xogo infantil, o que non convida precisamente ó seu uso. Pero, por riba da limpeza e do aspecto visual, a preocupación dos proxenitores debería enfocarse á seguridade que estas zonas de lecer lles ofrecen ós máis pequenos. Os datos estatísticos xustifican o temor: o 13% dos accidentes sufridos por nenos de entre 1 e 4 anos en España prodúcense en áreas de ocio e lecer, segundo a oficina do Valedor do Pobo.

Para estudar a seguridade dos parques infantís de uso público ós que os nosos fillos acoden a xogar, técnicos de CONSUMER EROSKI analizaron 520 aparellos de xogo de 130 zonas públicas de xogo infantil nas cidades de Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga, Murcia, Bilbao, A Coruña, Pamplona, Vitoria, Almería, San Sebastián, Cádiz e Alacante. En total, valorouse a seguridade de 151 oscilantes, 114 randeeiras, 112 estruturas multixogos, 78 tobogáns e 65 balancíns. A metade destas zonas infantís atopábanse no centro das cidades e a outra na periferia ou en barrios non céntricos. Os datos son máis significativos en termos xerais ca no relativo á situación de cada unha das cidades. Non se trata, xa que logo, de cualificar o estado dos parques de cada cidade, senón de esbozar unha radiografía de como se atopan, en xeral, en España.

A situación, aínda que mellora con respecto ó estudo realizado hai cinco anos por esta revista (véxase o número 31 de CONSUMER EROSKI, correspondente a marzo do 2000), está lonxe de ser satisfactoria: o 19% dos aparellos instalados presentaban defectos graves que comprometían perigosamente a seguridade dos usuarios, os nenos, e nun de cada tres parques visitados algún aparello tiña defectos graves. Os aparellos con máis problemas de seguridade, é dicir, ós que máis atención lles deben prestar tanto os proxenitores coma os rapaces, son as estruturas multixogos (nunha de cada tres víronse faltas graves de seguridade) e as randeeiras (no 27%).

Consideráronse defectos graves as partes rotas que poden causar accidentes, pezas soltas que reducen a estabilidade dos aparellos, sistemas de fixación inadecuados, parafusos que sobresaen excesivamente, alturas demasiado elevadas sen protección, pavimentos non axeitados pola súa dureza, presenza de elementos perigosos nos arredores (cristais, botellas, latas abertas...), madeiras con achas, defectos de instalación, inexistencia de espazos de seguridade, sistemas de amortecemento pouco efectivos ou inexistentes, posibilidade de quedar atrapados...
Os equipos deben estar construídos de xeito que a súa apertura non orixine riscos de atrapamento da cabeza e o pescozo dos cativos. O risco evidente de atrapamento só se observou no 6% dos aparellos inspeccionados.
Os motivos eran varios: cordas para gabear con aberturas demasiado anchas, nas que un neno pode ata meter a cabeza, aberturas en forma de "V", con perigo de enganchar as roupas ou o pelo dos cativos, superficies con aberturas excesivas, cadeas de randeeiras demasiado anchas que poden atrapar os dedos, etc. Os peores aparellos neste caso eran as estruturas multixogo. No 11% delas os técnicos de CONSUMER EROSKI observaron partes deficientes.
Tamén se considerou que un aparello presenta defectos graves cando, aínda que non presenta risco de accidente, o seu estado de conservación é lamentable ou a deterioración do seu aspecto desanima a usalo.
E entendéronse como defectos leves os que lles restan calidade ás zonas e aparellos de xogo e afectan á súa funcionalidade e limpeza, pero sen repercutir na súa seguridade.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto