Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Adaptación da casa para persoas maiores: Un fogar sen obstáculos

A seguridade e a eliminación de barreiras son indispensables para a autonomía dos anciáns

 A calidade da vivenda constitúe un indicador relevante do nivel de vida e a súa importancia multiplícase na idade avanzada, cando as dificultades físicas e psicolóxicas mingúan. En España viven case 8 millóns de persoas maiores de 65 anos. Aínda que máis de dous millóns presentan algunha discapacidade, o 96,9% prefire seguir vivindo na súa casa. Agora ben, hai unha elevada proporción de vivendas que non axuntan as condicións de habitabilidade básicas (ascensor, calefacción), cando o adecuado sería que todas elas fosen accesibles e sen barreiras para poder entrar e saír, moverse e actuar dentro delas sen dificultades. Segundo a última enquisa sobre as condicións de vida das persoas maiores, elaborada polo IMSERSO no 2004, o 82,5% dos vellos vive en fogares da súa propiedade. As persoas que máis carencias de equipamento teñen son as que viven soas. Un 13,5% non ten teléfono, un 44% declara non dispor de calefacción, individual ou colectiva, e un 70,5% dos anciáns non dispón de ascensor. Pero o realmente alarmante é que un 26% deles ha de subir tres andares para chegar ó seu domicilio.

No tocante á adaptación de vivendas, as normativas que cómpre ter en conta son varias. Dunha banda, a Lei de propiedade horizontal, Lei 8/1995, do 6 de abril, establece na súa última modificación os requirimentos para a adopción de acordos dos propietarios para a realización de obras e adecuacións en portais e elementos comúns das vivendas. Doutra, a Lei 15/1995, do 30 de maio, marca os límites de dominio sobre inmobles para eliminar barreiras para persoas con discapacidade.

No ámbito autonómico regúlase a posibilidade de conceder créditos para a rehabilitación ou subvencións para a adecuación funcional do fogar ou para a eliminación de barreiras nas vivendas. Os interesados tamén se poden beneficiar de deducións fiscais a través do IRPF por adecuación da vivenda habitual a persoas con minusvalías. Estas deducións refírense a obras e instalacións en vivenda habitual, en elementos comúns do edificio (escaleiras, portais, ascensores) e á aplicación de dispositivos electrónicos que sirvan para superar barreiras de comunicación sensorial e promoción da súa seguridade.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto