Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A aseguradora non lle quería aboar os gastos da defensa xurídica previamente contratados

Unha empresa contratou un seguro de defensa xurídica que garantía a asistencia por avogados e procuradores fronte ás reclamacións derivadas da súa actividade. Segundo a póliza, o asegurado podía designar libremente o avogado e procurador da súa elección, sempre que tales profesionais fosen necesarios para a defensa dos seus intereses. Resultou que a empresa asegurada contratou un avogado e un procurador para un xuízo penal nun litixio cualificado como falta no canto de delito. A compañía de seguros negouse a aboarlle ó seu asegurado os gastos de avogado e procurador porque nos xuízos de falta non é obrigada a súa intervención segundo a lei. Na sentencia do 19 de outubro do 2004, a Audiencia de Teruel estableceu que poden chegar a xurdir dúbidas lóxicas sobre cando a intervención é ou non necesaria e deulle a razón ó asegurado. Para o tribunal, quen debe xulgar se cómpre ou non ser asistido por estes profesionais ante calquera reclamación xudicial é o asegurado, porque para iso e non para outra cousa concertou o contrato. E condena a compañía a pagar os gastos de avogado e procurador, cos límites pactados na póliza.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto