Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O can do veciño non para de ladrar día e noite

Trasladeime a unha casa ás aforas da cidade fuxindo do ruído urbano. O meu veciño ten un can enorme a varios metros das miñas fiestras, pechado nunha gaiola chea de excrementos e practicamente sen espazo para se mover. Nesas circunstancias, o animal pasa boa parte do día e da noite ouveando e ladrando, coas molestias que poden imaxinar. Estou ó bordo dunha crise nerviosa. Falei co dono para intentar arranxar o problema, pero négase a retirar o can. Di que está na súa casa. Poderíase facer algo pola vía xurídica?

 O problema que se formula é, quizais en primeira instancia, unha recepción molesta e non desexada de ruídos na súa vivenda procedentes da do seu veciño. É certo que o veciño está na súa casa, pero non lle están permitidas as emisións sonoras molestas. En segundo lugar, as condicións hixiénico-sanitarias nas que se atopa o can durante día e noite son deplorables e antihixiénicas. En Andalucía aprobouse a Lei 11/2003, de 24 de novembro, de protección dos animais, que considera infracción leve de carácter administrativo a perturbación por parte dos animais da tranquilidade e do descanso dos veciños, e como infracción grave non manter os animais en boas condicións hixiénico-sanitarias ou nas condicións fixadas pola normativa aplicable. Estas infraccións poden ser multadas con 75 a 500 euros para as leves e 501 a 2000 euros para as graves (o Concello só é competente para impor as leves).

Suxerimos que contacte con algunha protectora de animais, que faga fotografías das condicións nas que se atopa o can e que consiga a presenza de testemuñas a distintas horas do día e da noite para que, se ten que ir a xuízo, faga valer o seu testemuño. Tamén hai que avisar a Policía Municipal en caso de que os ruídos nocturnos dificulten o descanso e acudir ó médico para deixar constancia dos problemas de saúde que xera a situación. Poderíase intentar chegar a un acordo co veciño, e se este non chega, haberá que acudir ó Concello para interpor unha denuncia por inmisións sonoras molestas e nocivas para a súa saúde xunto con outra denuncia polas condicións de vida do animal.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto